CERVO .- A responsable municipal de Sanidade do Concello de Cervo, Yolanda Pedreira, recolleu queixas de veciños de Rúa, San Román e Trasbar, aos que lles están a cambiar o médico de cabeceira sen ter recibido ningún tipo aviso nin recabar a súa autorización previa. Pedreira asegura “coa saúde non se xoga” e discrepa das formas que está a empregar o Servizo Galego de Saúde.
Nota de Prensa
O cambio de médico efectuouse sen que se lles dera opción de escoller entre o ambulatorio de Cervo ou o Centro de Saúde de San Ciprián, coartando a liberdade de elección do profesional sanitario que entendan por máis conveniente.
YOLANDA PEDREIRA FAISE ECO DAS QUEIXAS DOS VECIÑOS DE RÚA, SAN ROMÁN E TRASBAR AOS QUE SE LLES ESTÁ A CAMBIAR O MÉDICO DE CABECEIRA SEN AVISO NIN AUTORIZACIÓN PREVIA
• Para a edil popular o comportamento do SERGAS denota certa precipitación e improvisación algo que non é aceptable cando se trata dun asunto tan delicado como é o que afecta á saúde das persoas.
Cervo, 20 de marzo de 2009.- A edíl de Sanidade do Concello de Cervo Yolanda Pedreira vén de facerse eco das queixas dos veciños de Rúa, San Román e Trasbar, aos que se lles está a cambiar o médico de cabeceira sen ter recibido ningún tipo aviso nin recabar a súa autorización previa. Moitos dos veciños desta parroquias que estaban adscritos ao Centro de Saúde de Burela non poden solicitar hoxe a súa cita para consulta ou receitas co seu médico habitual xa que foron derivados ata o Centro de Saúde de San Ciprián. A diferencia do que é propio nestes casos, ningún deles recibiu unha carta informativa nin tampouco foron consultados respecto deste cambio, nin sobre a posibilidade de optar entre o Centro de Saúde de San Ciprián ou o que ten seden na capital municipal (Cervo). Este último é moito máis próximo e accesible para gran parte dos veciños afectados pero nin tan sequera se deu esta opción.
Yolanda Pedreira explica que moitos destes veciños atopáronse co cambio de médico cando intentaron solicitar a súa cita vía telefónica ou por internet. “Incluso déronse casos nos que o paciente trasladouse ata Burela e alí o médico indicoulles que xa non os podía tratar. Afortunadamente, e grazas á profesionalidade deste doutor, evitoulles ter que desprazarse novamente a San Ciprián e atendeulles por última vez”
A edíl do Partido Popular cuestiona as formas que está a empregar o Servizo Galego de Saúde. De feito entende que denotan que estamos ante un acto improvisado e precipitado que non debera producirse deste xeito, en especial, tendo en conta que se está a falar dun ámbito tan delicado como é o da saúde das persoas e a libre elección do profesional médico que ten por obxecto a súa vixilancia e protección. “Coa saúde non se xoga”- concluíu Yolanda






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



