FOZ.- O IES de Foz acadou o primeiro premio do apartado de cociña e o primeiro e segundo galardón na modalidade de coctelería, do X Concurso de Cociña e Coctelería José Rodríguez-Moldes Rey que organiza o Instituto de Educación Secundaria Fraga do Eume de Pontedeume.
O primeiro premio de cociña está dotado de 700 euros en material bibliográfico relacionado co mundo da gastronomía. No apartado de coctelería o primeiro premio consiste en material bibliográfico por valor de 350 euros, e o segundo conta con material valorado en 175 euros. Ademais, todos os premiados recibiron un trofeo e un diploma.
Referencia
O IES de Foz faise co primeiro premio nas dúas modalidades do X Concurso de Cociña e Coctelería José Rodríguez-Moldes Rey
O director xeral en funcións de Formación Profesional e o delegado en funcións en A Coruña participaron na entrega destes galardóns, que organiza o Instituto de Educación Secundaria Fraga do Eume de Pontedeume
O IES de Foz obtivo o primeiro posto no apartado de cociña, así como o 1º e 2º posto no de coctelería; mentres que o 2º premio da modalidade de cociña foi compartido entre o IES de Vilamarín e o IES Manuel Antonio de Vigo
Nesta edición o apartado de cociña consistiu na elaboración dunha tortilla de patacas con produtos de agricultura ecolóxica, e unha elaboración creativa a base de longueirón de Fisterra
O concurso de coctelería valorou a destreza e técnica dos participantes
Santiago, 12 de marzo de 2009.- O director xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais en funcións, Antonio Vázquez, e o delegado provincial da Consellería de Educación en A Coruña en funcións, José Manuel Mouriz, participaron hoxe na entrega de premios do X Concurso de Cociña e Coctelería José Rodríguez-Moldes Rey, que organiza o Instituto de Educación Secundaria (IES) Fraga do Eume de Pontedeume. O primeiro premio do apartado de cociña recaeu no IES de Foz (Lugo), mentres que o segundo foi compartido entre o IES de Vilamarín (Ourense) e o IES Manuel Antonio de Vigo. Na modalidade de coctelería tanto o 1º como o 2º galardón foron a parar a estudantes do IES de Foz.
Nesta edición, o apartado de cociña consistiu na elaboración dunha tortilla de patacas, realizada exclusivamente con produtos de agricultura ecolóxica, e unha elaboración creativa a base de longueirón de Fisterra. Na sección de coctelería a proba valorou a destreza e técnica dos participantes.
As probas realizáronse durante toda a mañá, na modalidade de cociña por parella, e na de coctelería de xeito individual, e tralo concurso celebrouse un xantar no que se fixo entrega dos galardóns. O 1º premio de cociña está dotado de 700 euros en material bibliográfico relacionado co mundo da gastronomía; e o 2º dun total de 350 euros. No apartado de coctelería o 1º premio consiste en material bibliográfico por valor de 350 euros, e o 2º conta con material valorado en 175 euros. Ademais, todos os premiados recibiron un trofeo e un diploma.
O xurado da proba de cociña estivo presidido por Pepe Varela, crítico gastronómico e redactor xefe de La Voz de Galicia. Entre os seus membros tamén se atopaban Luisa Barro, xerente e representante da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Ferrolterra; Jano Blanco, xefe de cociña do restaurante Playa Club de A Coruña; Carlos Gayoso, copropietario e responsable de cociña dos establecementos Gaioso Restaurante e Gaioso Taberna de A Coruña; e José M. Fontán Araujo, xefe de cociña do complexo Pazo de Vilaboa, en Vilaboa (A Coruña). O xurado de coctelería estivo composto por un profesor de cada unha das escolas de hostalaría participantes, un representante da Asociación Galega de Barmans (AGABA) e outro da Asociación Galega de Maitres e Técnicos en Hostalería (AMAIGA).
Unha iniciativa que naceu no ano 2000
O Concurso de Cociña e Coctelería José Rodríguez-Moldes Rey naceu no ano 2000 como homenaxe a un querido profesor do centro falecido o ano anterior e que dá nome ao evento. Esta competición diríxese a todos os alumnos dos centros galegos que imparten ensinanzas de ciclos formativos de Hostalería. Nesta ocasión participaron no concurso estudantes dos seguintes centros: IES Paseo das Pontes (A Coruña), IES de Foz (Lugo), IES Sanxillao (Lugo), IES de Vilamarín (Ourense), Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Carlos Oroza (Pontevedra), IES Manuel Antonio (Vigo), CIFP Compostela (Santiago de Compostela), a Escola de Ensinanzas Elementais da Escola Naval de A Graña (Ferrol), e o propio IES Fraga do Eume.
O obxectivo deste concurso é promover iniciativas onde os alumnos demostren a súa creatividade e coñecementos adquiridos na etapa formativa, contribuíndo deste xeito á mellora da calidade da oferta hostaleira e turística da Comunidade; así como promocionar os produtos e a cociña de calidade da Comunidade Autónoma.
Outras das finalidades son propiciar o intercambio de experiencias de todos os centros de Hostalería da Comunidade galega, e desenvolver unhas xornadas formativas abertas aos empresarios do sector. Así, o concurso acompáñase de charlas e obradoiros prácticos de demostración, dirixidos aos alumnos e alumnas de todos os niveis do centro educativo.
Desde a súa creación o formato do concurso foi variando lixeiramente, coa preparación de produtos como robaliza, coello, mexillón, polbo, pataca de Galicia, lacón galego, xarda, empanada, vieira, verza, algas e ostras no apartado de creación; e de caldeirada de raia e polbo á feira, no apartado de receita tradicional.






















Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



