O proxecto prevé a construción dun novo edificio que albergará o salón de actos e unha área destinada á docencia na primeira planta, ademais da Unidade de Prevención de Riscos laborais, na planta baixa
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2026. O Portal de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación das fases 2 e 3 das obras de reforma e ampliación do Hospital Público da Mariña, ás que a Xunta vai destinar 33.565.265 euros para financiar esta actuación.
As empresas interesadas nesta licitación teñen de prazo ata o 21 de abril para presentar as súas ofertas.
Con estas novas fases ampliarase noutros 3.000 m2 a superficie do Hospital Público da Mariña. Sumando isto á primeira fase da ampliación, xa rematada e á que se destinaron 12,5 millóns de euros, o hospital de Burela contará cun 50 % máis de superficie da que tiña inicialmente cando foi construído. Ademais, reformaranse preto de 9.500 m2.
Con este investimento, o Goberno galego continúa a apostar pola mellora das infraestruturas hospitalarias e por optimizar os servizos sanitarios que presta aos pacientes que teñen como referencia este hospital comarcal.
As fases 2 e 3 do Plan director do Hospital da Mariña, que prevén a ampliación de espazos e a reforma dalgunhas zonas actuais, terán un prazo de execución de 36 meses, unha vez se adxudiquen as obras. A previsión é iniciar os traballos este mesmo ano.
Nova edificación e ampliación de espazos
As obras suporán a construción dun novo edificio de dous andares. Este, albergará na planta baixa a zona de mantemento e a Unidade de Prevención de Riscos Laborais e, na planta 1, acollerá o salón de actos e a área destinada á docencia.
Na planta baixa crearanse novos laboratorios e reformarase a área de Anatomía Patolóxica e o Hospital de día polivalente. Así mesmo, procederase á mellora da área das consultas especializadas e das zonas de cafetería, almacén e vestiarios.
No primeiro andar, acometerase a reforma e ampliación das áreas de Admisión, Urxencias e de Diagnóstico por Imaxe, a zona das consultas polivalentes e tamén os espazos destinados aos Coidados Paliativos, á Medicina Preventiva e á Área de Hospitalización a Domicilio (HADO).
En canto ao segundo andar, renovarase os quirófanos de Cirurxía Maior Ambulatoria, as Unidades de Recuperación Postanestésica (URPA) e os servizos de Pediatría e Coidados Intensivos.
O eido de reformas culmina no terceiro e cuarto andar do hospital, abordándose a mellora das salas destinadas aos médicos de garda, ás secretarías de servizo, así como os espazos que albergan as instalacións e os equipos de mantemento do centro sanitario.
Ademais, renóvanse todas as instalacións técnicas e os ascensores do edificio actual.
A culminación do Plan director do Hospital da Mariña, engadido ás obras de mellora enerxética do centro e a dotación de equipamento, suporá un investimento de 50 millóns de euros neste hospital comarcal.
Estas actuacións permitirán pasar dos 17.600 m2 cos que contaba inicialmente o centro hospitalario ata os máis de 26.000 m2 e, ademais, suporá a reforma de máis de 13.000 m2.
Unha vez máis, a Xunta reforza a súa aposta pola mellora dos servizos e das infraestruturas sanitarias, mantendo o seu compromiso cun sistema público que sitúa a comunidade galega á vangarda das prestacións asistenciais.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



