Burela, 23 de setembro de 2026. En Casa Grande de Xanceda levan anos defendendo que as cebras están moi ben pero nada representa mellor Galicia que as vacas. Esta granxa ecolóxica vén de asociarse co Concello de Burela para substituír un paso de cebra do municipio por un de vaca. Esta intervención substitúe as tradicionais raias dun paso de peóns polas inconfundibles pintas dunha vaca frisoa.
A estrea fíxose no Día Mundial sen Coches, unha xornada que convida a repensar a maneira na que nos movemos e o espazo que ocupan os vehículos en vilas e cidades. Desde Casa Grande de Xanceda quixeron, con esta xornada, invitar a “deixar o coche aparcado, baixar o ritmo, mirar ao noso redor e achegarnos á vida no campo”.
Ou, dito á maneira Xanceda, practicar un pouco máis o cow life. O cow life non consiste, explican desde a granxa, en “ter unha vaca na casa” senón en “lembrar que existe unha vida máis alá das présas, dos atascos e do asfalto”. Así, convidan a “recuperar o contacto coa natureza, consumir produtos de proximidade e lembrar que o rural é quen alimenta ao mundo”. Do paso de cebra ao Paso de Vaca
A historia dos Pasos de Vaca comezou en 2018, cando Casa Grande de Xanceda decidiu demostrar que Galicia podía ter un paso de peóns moito máis seu. O primeiro instalouse no centro da Coruña e converteu as raias da cebra nas manchas dunha vaca.
Desde entón, a iniciativa foi deixando pegada en diferentes puntos de Galicia, chegando a lugares como Santiago de Compostela, Boimorto, Lugo ou Pontevedra, cun mesmo obxectivo: facer visible o rural tamén nos espazos urbanos e reivindicar o papel das vacas, das persoas gandeiras e do sector primario na sociedade E desde hoxe, Burela, tamén ten o seu.
Un 22 de setembro moi cow
A inauguración do novo Paso de Vaca contou coa participación do Concello de Burela, representado por Lina Gómez Pardo, concelleira de Cultura, Comercio de Proximidade e Cultura Medioambiental e Ecolóxica–Gaia, así como coa participación de Sara Torreiro, Responsable de marketing e RSC.
O novo Paso de Vaca de Burela nace precisamente para facer visible esa realidade dunha maneira diferente, positiva e moi Xanceda: sacando o rural do rural e levándoo alí onde pasa a xente.
Deixamos o coche aparcado, poñémonos en modo cow life e cruzamos pola vaca.
Porque ás veces para avanzar non fai falta correr máis. Só hai que saber por onde cruzar.























A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



