Trátase dunha mostra máis “do desprezo de Sánchez a Galicia e particularmente á provincia de Lugo” polo que defenden “o mesmo trato que o resto do país” porque “non queremos ser máis, pero tampouco menos ca ninguén”
Lugo, 13 de marzo de 2026. Os senadores do PP lucense –José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- advirten que o Goberno de Sánchez “non prevé a creación dunha nova praza xudicial nin en Viveiro, nin en Sarria”.
Os populares interesáronse dende o Senado por coñecer os plans do Ministerio de Xustiza despois de que anunciara o pasado 26 de xaneiro a creación de 500 novas unidades xudiciais, segundo queda acreditado pola resposta oficial, “ningunha delas nestes municipios”.
Os senadores lucenses do PP condenan que o Goberno de Sánchez desprece as necesidades nos xulgados de instancia de Viveiro e Sarria. Chega incluso a negar que o xulgado de Viveiro estea “desbordado dende fai anos” ao apuntar que se trata de “sobrecarga de traballo puntual”.
O Ministerio di que para estes casos unicamente prevé medidas de reforzo, pero non a creación dunha nova unidade xudicial, afirmación que fai aínda que obrigado a recoñecer que o plan de Xustiza está aínda en fase de tramitación e aínda pendente dos informes do Consello Xeral do Poder Xudicial e das Comunidades Autónomas, segundo recolle a resposta oficial do Goberno aos senadores.
Para os populares esta é unha mostra “do desprezo de Sánchez a Galicia e particularmente á provincia de Lugo”. Por iso, insisten en defender “o mesmo trato que o resto do país” porque “non queremos ser máis, pero tampouco menos ca ninguén. Os lucenses temos dereito a unha xustiza próxima e áxil”, conclúen.

























A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.
As persoas que non puideron obter a súa entrada durante o período de reserva anticipada poderán recoller as entradas restantes o propio día da función, mércores 5 de agosto, a partir das 20:00 horas, na taquilla do Teatro Pastor Díaz. A entrega realizarase ata completar a capacidade do recinto, cun máximo de catro entradas por persoa. O Concello de Viveiro agradece a excelente acollida que está a ter esta representación e lamenta as molestias que esta situación poida ocasionar.
Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.



