RIBADEO (FNC) .- O pleno do Concello aprobará o vindeiro luns 27 de abril concederlle a medalla de ouro de Ribadeo a título póstumo ao ex presidente do Goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo. O rexedor, Fernando Suárez, explicou que “dando continuidade aos acordos de hai uns meses, onte reuniuse a xunta de portavoces do Concello para tratar o que ten que ver coa medalla de ouro a título póstumo ao que foi presidente do Goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo e de acordo co regulamento especial de honras e distincións do Concello iniciamos toda esta tramitación”.
Suárez Barcia engade que “hai unha serie de informes do Concellaría de Cultura e isto terá o seu desenlace dentro duns días nun pleno extraordinario (o luns) no que se acordará outorgar a medalla de ouro a título póstumo, e logo xa o 2 de maio de maneira singular se convocará un acto institucional de entrega de dito galardón que recibirá a familia Calvo-Sotelo. Ao día seguinte haberá tamén a descuberta dese altorrelevo que foi realizado coas achegas económicas feitas pola familia do ex presidente, polos veciños de Ribadeo e por todas aquelas persoas que están ou estiveron vinculadas a Ribadeo e a Leopoldo Calvo-Sotelo”.

























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



