NOTA DE PRENSA
O Goberno central incumpre sen contemplación un acordo parlamentario adoptado por todas as forzas políticas da Cámara galega en novembro de 2005 polo que se opoñían a situar este tipo de instalacións no litoral da nosa comunidade
BALSEIRO REXEITA AS INSTALACIÓNS EÓLICAS PREVISTAS NO LITORAL MARIÑO DA NOSA COMARCA E SALIENTA A IMPORTANCIA DE PRESERVAR OS RECURSOS PESQUEIROS, TURÍSTICOS E MEDIO AMBIENTAIS DA ZONA
* Para o deputado popular o Goberno de Zapatero non fai caso aos socialistas galegos e reclama do PSOE que tome posición respecto da idoneidade destas instalacións.
* DESPREZO: “Unha vez máis o Goberno central toma decisións de amplo calado sen consultar aos sectores afectados”.
A Mariña, 22 de abril de 2009.- O deputado do Partido Popular de Galicia (PPdeG) Jose Manuel Balseiro Orol, vén de subliñar a importancia de preservar os recursos pesqueiros, turísticos e medio ambientais da costa da Mariña e, en consecuencia, amosou o seu rexeitamento ao plano de instalacións eólicas aprobado polo Ministerio de Medio Rural e Mariño. Segundo este novo mapa eólico un amplo espazo da costa da nosa bisbarra comprendido entre os concellos de Foz e Ribadeo –excluíndo as rías- estaría considerado como zona apta para a instalación destes aeroxeneradores. A maiores disto, o resto do litoral comarcal está considerado como “zona apta con condicións” en funcións das distintas situacións ambientais o que posibilitaría este tipo de instalacións que tanto impacto provocarían sobre a pesca, o turismo e os recursos naturais da nosa costa.
Balseiro non comprende como o Goberno central pode desprezar, como de feito o esta a facer con este novo mapa, o acordo adoptado polo conxunto das forzas políticas galegas no seo do Parlamento o 22 de novembro de 2005. Naquel momento PPdeG, PSOE e BNG decidiron por unanimidade amosar diante do Goberno central a súa posición contraria á instalación de parques eólicos mariños no litoral de Galicia. Foi precisamente a iniciativa do Grupo Popular quen trasladou a súa inquedanza ao Pleno do Parlamento. O propio deputado popular, Balseiro Orol, foi un dos autores da iniciativa que tiña por obxecto garantir a preservación dos espazos pesqueiros e marisqueiros da nosa costa.
EMPRAZA AO PSOE A POSICIONARSE
“Está claro que o Goberno de Zapatero non fai caso á Cámara galega pero tamén, que o Goberno de Zapatero despreza ao propio PSOE de Galicia, que no seu día sumouse ao acordo de liberar á costa galega destas instalacións”- indicou Balseiro-. “Sería bo coñecer a posición dos socialistas ao respecto deste plan, que tomarán posición a favor ou en contra da instalación de aeroxeneradores fronte as nosas costas, tal e como pretende o Executivo de Zapatero”.
NOVA INCOHERENCIA DO BNG
Balseiro tamén tivo unha mención especial para o BNG a quen acusou de manter un discurso totalmente incoherente. Por un lado os nacionalistas formaban parte do Goberno galego que debera ter negociado co Executivo central para que se cumprira o acordo adoptado por unimidade no Parlamento de Galicia e no que se opoñían a este tipo de instalacións. E, polo outro, non comprenden como é posible que os nacionalistas veñan apoiando ano tras ano ao Goberno de Zapatero sen ter en conta este tipo de desprezos. Nesta liña Balseiro Orol xa adiantou que reclamará ante a Xunta para coñecer as xestións que os anteriores titulares do Goberno galego fixeron para que puidera cumprirse este acordo.
SEN CONSULTA, SEN CONSENSO
Por outra banda Balseiro lamentou que unha vez máis o Goberno central adopte unha decisión de tanta importancia desde os despachos e sen consultar cos sectores afectados. De xeito espeical, o deputado popular cuestiona o impacto que estas novas instalacións poden ter nos recursos pesqueiros e do litoral mariñán. Balseiro entende conveniente que o Goberno central pulse a opinión das confrarías e das distintas organizacións que traballan na área na que se situarán os muiños. “Non é posible que baixo a desculpa de promover as enerxías renovables, acabemos provocando un grave impacto en sectores como o da pesca ou o do turismo que están a ser unha fonte importante de recursos e empregos”
COÑECER CON CELERIDADE TODOS OS DATOS
Finalmente, Balseiro reclamou que o Goberno central dea conta con celeridade de cada un dos aspectos que aínda non se coñecen respecto deste plan de instalacións eólicas mariñas e, máis en concreto, os emprazamentos exactos dos futuros aeroxeneradores, a distancia á que quedarán da costa, a súa incidencia nas rutas de transporte marítimo e os estudos específicos, de existir, que avalíen o impacto ambiental destas instalación. Dun xeito especial, no ámbito dos recursos pesqueiros e marisqueiros.

















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



