RIBADEO (FNC) .- Ribadeo acollerá do 30 de abril ao 3 de maio a feira Con queixo, pan e viño, ven ao camiño, na que poderán participar ata 90 expositores cos seus productos chegados desde diferentes autonomías e doutros países coma Portugal ou Francia. O alcalde, Fernando Suárez, sinalou na presentación que “esta feira do Camiño Norte, que se vai celebrar en Ribadeo, vai ser do máis importante que teñamos feito nunca aquí. Será durante 4 días na longa ponte do 30 de abril ao 3 maio. É posible grazas a colaboración interdepartamental entre diferentes áreas do goberno galego (da Consellería de Innovación e Industria, a través do Xacobeo e da Dirección Xeral de Turismo, así como da Consellería de Medio Rural) e das áreas de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo, coa coordinación das fundacións comarcais da Mariña Oriental e Central”.
O rexedor segueu a contar que “baixo o nome de Con queixo, pan e viño, ven ao camiño imos facer un evento no parque de San Francisco, nunha carpa de 1.300 metros cadrados con capacidade para 90 stands. Están convidadas tódalas denominacións de orixe de diferentes territorios: Euskadi, Navarra, A Rioxa, Castela, Extremadura, Asturias e, como non, Galicia. Tamén estamos xestionando a presencia dalgúns productos do sur de Francia e de Portugal, co cal lle poderiamos dar unha dimensión internacional a esta feira. Con esto pretendemos que Ribadeo sexa un lugar de encontro, de potenciación do Camiño de Santiago cara ao Xacobeo 2010. Aproveitando unha ponte longa, na que Ribadeo será un destino turístico importante, a xente poderá degustar e mercar productos de máxima calidade, con denominacións de orixen, de queixo, viño e pan”.
Fernando Suárez amósase convencido de que “a xente do noso concello, da Mariña e do Occidente asturiano virá a este evento gastronómico e turístico, que ten un custe de 40.000 euros, cantidade que practicamente toda está financiada por diferentes administracións diferentes ao Concello”.





















A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.



