CERVO .- Dentro do ciclo Arredor do Mar, iniciado hai uns meses coa conferencia de X. Ramón Fernández Pacios sobre os corsarios na costa luguesa, Mariñapatrimonio organiza unha nova actividade que se desenvolverá o vindeiro sábado día 30 de maio en San Cibrao
A xornada constará de dúas partes:
Na primeira, ás 17:30 horas, faremos unha visita guiada á Carpintaría de Ribeira de Fra en San Cibrao, ubicada no paseo marítimo (preto da Casa do Mar) onde nos explicarán como se construian os pailebots , os trincados… o traballo dunha das familias que desde hai moitos anos se dedicou á construción de barcos neste porto.
E a segunda parte desta actividade é a conferencia do historiador Dionisio Pereira González* que, no Museo do Mar de San Cibrao,ás 18:30 horas, falará do noso patrimonio marítimo.
Agardamos que estas actividades, sexan do interese xeral.
*Dionisio Pereira González é un economista e historiador coruñés, nacido en 1953. Traballa como profesor de Ensino Medio.
Xunto con A. Martínez, Manuel González Probados e X. Castro formou o Colectivo de Historia Xerminal.
En 1994 foi elexido primeiro presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, nacida o ano anterior en Ribeira.
E autor de moitos traballos publicados en libros e revistas, entre as que, sinalamos:
-Actividades marítimas na Galiza contemporánea; Relatorio presentado no Congreso “O mar na Historia de Galicia”; Universidade de Vigo, 1996.
“O mar dos galegos no tempo de Manoel Antonio”, en Manuel Antonio: Embarcados nun cantar. Ed. A Nosa Terra, 1996 (colección A Nosa Cultura nº 16).
“Mariñeiros do Gran Sol: os últimos da fila”; Revista Inzar Razóns nº 16, 1997.
O Asociacionismo dos pescadores na Galiza de anteguerra: unha ollada de conxunto; Ateneu Libertário Ricardo Mella, 2004




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



