VIVEIRO .- O delegado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, reslatou, no transcurso da rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, que co obxectivo de dotar de instalacións deportivas “de calidade” a todos os concellos lucenses, a Deputación de Lugo asinará a vindeira semana un convenio co Concello de Viveiro para instalación dun campo de herba artificial en O Cembedo. Este previsto que o nacionalista se reúna co rexedor Melchor Roel para tratar o asunto. Nesta liña, o delegado da Área de Deportes subliñou que a súa área seguirá traballando para poder proporcionarlles aos distintos concellos, mediante un reparto xeográfico, o acceso a unhas instalacións deportivas “en condicións”.
Deputación e concello de Viveiro asinarán un acordo para un campo de herba artificial en O Cembedo

Deputación e concello de Viveiro asinarán un acordo para un campo de herba artificial en O Cembedo
Relacionado
-
Ribadeo anima aos propietarios de vivendas do casco histórico da vila e do Ari de Rinlo a solicitar subvencións para proceder á súa rehabilitación
-
O PP esixe ao goberno provincial “transparencia” e garantir “o cumprimento do contrato” de atención aos maiores na residencia de Trabada tralo seu “intento de tapar a situación”
-
“O goberno municipal do Partido Popular deixa sen subvención a seis asociacións do valadouro”, asegura o BNG