O alcalde de Burela, Alfredo Llano, indicou que “estamos procedendo estes días a limpar as praias da Marosa, Ril, O Portelo e O Cabaliño para que estean listas para a nova temporada estival”. O rexedor anuncia que “a partires da vindeira semana, unha vez que pasen as festas patronais, colocaremos todo o mobiliario dos areais para que teñan as dotacións precisas. Ademáis no Portelo estamos a mellorar todo o areal cunha boa máquina para que sexa máis asequible e atractiva para os cidadáns”.
A vindeira semana o Concello de Burela colocará o mobiliario das praias
Relacionado
-
Ao longo desta semana @s nen@s do programa Ludiverán – Xogando en igualdade do Concello de Alfoz participaron nunhas xornadas de educación vial, organizadas en colaboración coa Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo
-
O Concello de Xove inviste 205.000€ do plan único 2022 en varias obras
-
Presentación de ‘Jaloffeim’ de Pablo Trabadelo este sábado na Feira do Libro de Viveiro