A MARIÑA .- Dende 1999 a UE deixou de financiar á FEE (Fundación de Educación Ambiental), entidade que xestiona a concesión de bandeiras azuis a través da súa filial española ADEAC (Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor), xa que, segundo o Parlamento Europeo, a concesión de bandeiras azuis “converteuse nunha actividade enganosa, ao utilizar un símbolo de suposta calidade sen a garantía dos organismos oficiais da UE”, asegura ADEGA. Os criterios polos que a FEE-ADEAC, unha fundación privada con asociacións vencelladas á industria turística, concede a Bandeira Azul, atenden principalmente á calidade da auga e aos servizos da praia.
Nota de Prensa
As praias ben conservadas nada teñen que ver coa Bandeira Azul
10 de xuño de 2009. Bandeira Azul tense convertido en sinónimo de praias en bo estado, mais non significa que o litoral estea ben conservado. Os criterios polos que a FEE-ADEAC (unha fundación privada con asociacións vencelladas á industria turística) concede a Bandeira Azul, atenden principalmente á calidade da auga e aos servizos da praia. Segundo a propia FEE “Identificar y/o premiar aquellas playas más verdes y mejor conservadas ecologicamente, no es función de la Bandera Azul”. Porén, dende 1999 a UE deixou de financiar á FEE, xa que segundo o Parlamento Europeo a concesión de bandeiras azuis “convertiuse nunha actividade enganosa, ao utilizar un símbolo de suposta calidade sen a garantía dos organismos oficiais da UE”.
Este ano, a FEE (Fundación de Educación Ambiental) através da súa filial española ADEAC (Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor) concedeu 124 bandeiras azuis no litoral galego, entre praias e portos deportivos. Para moita xente, usuari@s e administracións, este símbolo converteuse en sinónimo de calidade ambiental e de litoral ben conservado. No entanto, ningún colectivo ambientalista apoia este distintivo, e cada vez máis concellos rexeitan pedir a Bandeira Azul, xa que non atende a criterios ambientais. A propia ADEAC aclara: “Bandera Azul pretende que, en playas concurridas y organizadas, se respeten aquellas condiciones higiénicas, sanitarias y ambientales, que la legislación vigente exige y la seguridad y bienestar de sus usuarios, locales o visitantes”.
Dende 1999, as institucións europeas deixaron de financiar á FEE porque segundo a daquela comisaria de Medio Ambiente Margot Walström, “os criterios que segue para outorgar este distintivo, como símbolo de calidade de praias e augas, carecían de suficiente rigor”. Ainda que dende entón, estes criterios tornáronse máis rigorosos, a Bandeira Azul está lonxe de ser sinónimo de litoral ben conservado. Acontece se monitoriza principalmente a calidade das augas de baño e os servizos hixiénico-sanitarios e de seguridade da praia, e unicamente durante a tempada estival. O resto do contorno, como por exemplo o estado das dunas e orla prelitoral, a calidade paisaxística e a ausencia de impactos sobre os hábitats e especies costeiras non figuran como condicións necesarias para a concesión deste distintivo. Particularmente interesante resulta esta aclaración da FEE: “En caso de querer premiar el esfuerzo de conservación y el ‘lucro cesante’ de algunos municipios en dichas áreas naturales litorales, los criterios deberían divergir en no pocos casos de los criterios de los de Bandera Azul”. Isto é: pouco ten que ver a Bandeira Azul co esforzo de conservación dos ecosistemas costeiros.
Desgrazadamente algunhas das praias que veñen sendo recoñecidas coa bandeira azul amosan graves problemas ambientais relacionados coa presión urbanística e turística, que están a comprometer gravemente a súa conservación. Construccións en primeira liña, circulación de quads e todoterreos e aparcadoiros de veículos sobre as dunas, e mesmo emisarios de augas fecais comparten protagonismo coa Bandeira Azul. Por non falar dos portos deportivos, paradigma da destrución do litoral por un uso turístico restrictivo, aos que se lles quer dar un verniz “sustentábel” empoleirándolles unha Bandeira Azul.
O verdadeiramente grave e que moitos concellos, coa excusa de conseguir unha Bandeira Azul, inician actuacións que rematan por degradar a calidade ambiental de espazos litorais virxes ou escasamente humanizados. A propia FEE cúrase en saúde: “Nunca las infraestructuras exigidas por Bandera Azul pueden ni deben constituirse en argumento para alterar el carácter natural de determinados parajes litorales. La vocación de estos parajes, con independencia de su forma y grado de legal, no sería conseguir una Bandera Azul”. Que llo expliquen a algúns alcaldes que debecen pola insignia custe o que custe.
Dende ADEGA queremos chamar a atención da cidadanía e das administracións para que relativicen a importancia das Bandeiras Azuis. Unha cousa é a correcta dotación das praias turísticas cos servizos e garantías hixiénicas axeitadas, e outra preservar os valores ecolóxicos do litoral promovendo a conservación de espazos o menos humanizados posíbel.
Para garantir o bo estado ecolóxico do litoral deberíanse ter en conta tamén como criterios obrigatorios e durante todo o ano cando menos os seguintes:
-Cumprimento estrito das esixencias das figuras de protección ambiental do contorno.
-Estudos de impacto ambiental e capacidade de carga do ecosistema litoral obrigatorios e vinculantes.
-Estacionamiento de veículos limitado e alonxado da praia. Prioridade ao uso de bicicletas e aos senderos peonís.
-Limitación ou supresión da limpeza mecanizada.
-Ausencia de instalacións e concesións de servizos non imprescindíbeis na praia.
-Códigos de conduta específicos e estritos.
-Limitacións estritas de ruidos e proibición de embarcacións, especialmente de motor, a menos de 200 m. da beira, excepto para o salvamento.
-Medidas activas e pasivas de conservación do ecosistema marítimo-terrestre, con especial atención aos cordóns dunares e fondos mariños, a ser posíbel, en cooperación con entidades ou expertos conservacionistas.
-Millor calidade da información e a educación ambiental e/ou centro de interpretación próximo.
-Formación específica do persoal para a vixianza ambiental.
Actualmente a función da Bandeira Azul, tal e como recoñecen os seus responsábeis, non é garantir o cumprimento destes criterios, polo que a cidadanía e as administracións non deberían trabucarse: a Bandeira Azul, non é garantía dun litoral ecolóxico, natural e ben conservado. É unha marca publicitaria, un produto comercial máis deseñado para amortecer os impactos do turismo de masas en litorais intensamente humanizados.





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



