Nota de Pensa
O GPPP MATIZA QUE AS SÚAS CRÍTICAS ÁS OBRAS DE REMODELACIÓN DE LOCAIS CENTRASE NA FALTA DE TRASPARENCIA DO PROCESO DE ADXUDICACIÓN E NON TER CONTADO CO PERSOAL DA DEPUTACIÓN PARA A SÚA REALIZACIÓN
• Os populares insisten en que o principio de austeridade, máxime nun contexto de crise como o actual, deben centrar as actuacións das administracións públicas e gastar máis de 570.000 euros na remodelación de locais parece desproporcionado
• Lamentan que o comité de empresa malinterpretara esta valoración na que en ningún momento se cuestionou a mellora das condicións de traballo do personal da Diputación e dos seus representantes
Lugo, a 10 de xuño de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular lamentou que o comité de empresa da Deputación malentendera as críticas realizadas no seu día, concretamente o pasado 11 de maio, referidas ás diferentes obras de remodelación e dotación de mobiliario efectuadas no pazo provincial e nos antigos locais do Inludes na praza de Santo Domingo, que actualmente ocupan os distintos grupos políticos, a xunta de persoal, o servicio de prevención e o propio comité de empresa.
En ningún momento, salientan dende o GPPP, se cuestionou a mellora das condicións de traballo dos empregados da Deputación e os seus representantes, o que si se puxo en dúbida foi a transparencia da forma elexida para a contratación dos traballos de remodelación, o montante económico adicado a elo e incluso as certificacións expedidas para abonar o importe das obras executadas.
Lembran dende o GPPP que só no primeiro trimestre deste ano o importe das obras acometidas por este concepto, concretamente 15 actuacións entre as que se inclúen a remodelación dos locais para os grupos políticos, ascendeu a 572.253, 95 euros. Un importe que, ó entender dos populares e dada a actual situación de crise económica, non corresponde á política de austeridade que deberían practicar as administracións públicas. E máxime porque a maioría das obras executas non era, ó entender dos populares, urxentes. Poñen coma exemplo que só na adecuación dos locais para para as dependencias do servicio de gabinete de protocolo, do gabinete de prensa, do gabinete de presidencia no pazo provincial suman 133.397,14 euros.
Os populares, tras salientar que en ningún momento se amosaron contrarios a que o persoal da Deputación desenvolva as súas labouras nunhas condicións e nunhas dependencias dignas, puntualiza:
1. Os informes e proxectos para a realización das reformas dos locais aludidos, tanto no pazo provincial como nas dependencias de Santo Domingo, foron contratados a unha empresa externa. Lamenta neste caso o GPPP que o comité de empresa non aproveitara para cuestionar a razón pola que ese cometido non foi realizado polo propio personal da Deputación que está perfecta e sobradamente cualificado para elo e non suporía, por tanto, un gasto engadido.
2. A execución das obras foron acometidas por dúas empresas por contratación directa ou por procedemento negociado sen publicidade. Na opinión dos populares, este método, aínda que legal, non parece responder o principio de trasparencia que debe rexir a actuación da administración, básicamente porque fraccionanse as obras, pese a que se realizan no mesmo espacio físico e no mesmo espacio temporal, precisamente para evitar a convocatoria de concursos ou procedementos negociados abertos.
3. As certificacións expedidas para facer efectivo o abono das facturas correspondentes foron tamén asinadas por unha única persoa, allea, ademais, ó cuadro de persoal da Deputación, cando, salientan dende o GPPP, non había ningunha razón obxectiva, nin por carga de traballo nin por cualificación profesional, para que esta laboura non fora asumida por traballadores do ente provincial. Algo que, de facelo dese xeito, tamén suporía unha aforro para a administración provincial.






















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



