BARREIROS (FNC) .- Estudantes de Lourenzá e de Boimorto visitan estes días a exposición permanente do artista barreirense Celso Dourado a poucos días da súa inauguración e apertura oficial. Dourado sinala que “neste período onde os nenos están a rematar o curso hai unha insistencia por saír dos centros e por coñecer historias novas e un tanto didácticas. A semana pasada recibín a visita do colexio público de Vilanova de Lourenzá que están facendo un traballo sobre a miña pintura e que van presentar a un concurso. E este xoves 4 de xuño vai vir o colexio público de Boimorto. Unha parte deste centro xa estivo o ano pasado e agora veñen outros alumnos a coñecer a obra in situ, e realmente cólleme por sorpresa porque aínda non está aberto este espazo expositivo que inauguraremos a finais deste mes”.
Celso Dourado amósase sorprendido polas visitas “estou rexeitando peticións porque ainda non está aberto. Nestes casos non me puiden resistir porque, como dixen, o colexio de Boimorto repite visita e aos de Vilanova de Lourenzá tampouco lles podía dicir que non, porque están a realizar ese traballo sobre a miña pintura. Aínda estou co remate e coas obras, pero abro un pouco para que os nenos poidan visitar este espazo”.
O artista barreirense engade que “agora estamos ultimando os traballos de organización interna para abrir esta exposición permanente o vindeiro 27 de xuño. O acto estará dividido en dúas partes. Haberá unha presentación a partires das oito da tarde que estará conducida pola actriz Comba Campoy e contaremos coa presenza de representantes das institucións, a directora do Museo Provincial de Lugo, etc… e despois haberá unha segunda parte, porque quero que o acto sexa o máis lúdico posible e vánse reunir uns catro ou cinco grupo musicais procedentes de Brasil, Holanda, Alemaña, Bielorrusia ademáis de Miro Casavella. Esta parte do acto contará coa presenza de Xurxo Souto”.

























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



