NOTA DE PRENSA
O GMPP de Burela solicita que as axudas pola paralización da flota tamén se dean ás tripulacións.
González Barcia afirma que o Concello debe pronunciarse en tal sentido e apoiar ó sector.
Os populares presentan unha moción solicitando que se amplíen as axudas por emerxencia social.
O GMPP de Burela vén de presentar unha moción na que se solicita do goberno central que faiga chegar as axudas económicas pola paralización da flota de Gran Sol, palangre de superfície e arrastre e artes fixas do caladoiro nacional, ademais de ós armadores, tamén ás tripulacións. Os barcos de Gran Sol deberán parar noventa días, coma os que faenan no caladoiro nacional, e sesenta días os de palangre de superficie.
O portavoz popular, José María González Barcia, denuncia que as ordes de axudas se están publicando, en algúns casos, con dez meses de retraso, e en ningún caso se publicaron as axudas a tripulantes, a pesares de terse anunciado. As axudas a tripulacións deberían ser aboadas ó remate da parada e por meses transcurridos.
Ademais, González Barcia pide que as axudas a armadores se abonen nun tempo máximo de tres meses desde o remate da parada.
Para os populares, a culpa e a responsabilidade de que non se trasladen as axudas ás tripulacións e os retrasos na publicación das ordes de axudas só só son imputables ó goberno Zapatero, especialmente á súa ministra de Medio Mariño, Elena Espinosa, e ó Secretario de Estado do Mar, Martín Fragueiro, dous galegos que non están pola labor de colaborar co sector pesqueiro nun momento de tanta crise e incertidume, e tan necesitado de axuda por parte de todas as institucións.
Os populares presentan esta moción porque o sector pesqueiro, que move e dinamiza boa parte da socioeconomía burelesa, está a pasar un momento crítico, e polo tanto o concello debe poñerse do seu lado. Outro posicionamento non sería entendido polo sector.
Por outra banda, o GMPP de Burela tamén presentou unha moción no concello na que solicita que por parte do Goberno Central se amplíen no tempo as axudas por emerxencia social ou os ingresos mínimos de inserción, porque esto permitirá que aquelas familias que se atopen en situación precaria debido á crise poderán afrontar com maiores garantías a saída da mesma.
Esta solución pasaría por unha estreita colaboracion coas comunidades autónomas. Igual colaboración debería existir cos axentes sociais, económicos e financieiros para impulsar un plano de choque para atender ás famílias sobreendebedadas existentes en España.
Os populares tamén piden unha millora das condicións de acceso e de comercialización da liña que o ICO dispón para a moratoria hipotecaria, de xeito que chegue realmente a todas as famílias que o necesiten, cousa que agora non está a acontecer.
O GMPP considera que en Burela hai casos de familias que o están a pasar realmente mal na situacion actual de crise económica, e que polo tanto a aplicacion destas liñas de axuda lles afectarían positivamente. Eso é o motivo polo que trasladan esta petición ó pleno do Concello, xa que se entende que a Corporación non pode estar de costas ó que é de sentido común e que pode solucionar problemas xustamente ás familias e persoas máis necesitadas.



















López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



