NOTA DE PRENSA
En relación ao explicado polo Presidente de Portos de Galicia na mañá de hoxe na Comisión segunda do Parlamento autonómico
BALSEIRO VALORA POSITIVAMENTE O COMPROMISO DO NOVO GOBERNO GALEGO DE AVALAR CUN ESTUDO AS NEGOCIACIÓNS SOBRE A APERTURA DO DIQUE NORTE DE ALCOA
* SENSIBILIDADE Balseiro agradece a sensibilidade do Executivo que preside Feijóo cunha das reivindicacións históricas da sociedade mariñá, convencido das posibilidades e oportunidades que este novo porto comercial traería
* “PSOE E BNG NON SON DE FIAR” O deputado popular lamenta que tal e como confirmou no día de hoxe o Presidente de Portos de Galicia, o anterior Executivo autonómico non efectuara ningunha xestión ou contacto para conseguir este obxectivo, todo iso, a pesar de que existía un mandato parlamentario que obrigaba á Xunta bipartita a apoiar as negociacións entre o Goberno central e o Grupo Alcoa.
A Mariña, 03 de xuño de 2009.- Unha das reivindicacións máis básicas da sociedade mariñá conta no día de hoxe co compromiso formal de apoio por parte do novo Goberno de Galicia. Falamos da apertura ao tráfico xeral comercial do dique norte de Alcoa. En resposta a unha iniciativa do deputado mariñán Jose Manuel Balseiro Orol o Presidente do Ente Público Portos de Galicia, Jose Manuel Álvarez Campana, confirmou que a administración autonómica elaborará un estudo técnico, integral e actualizado, a través do que se permita avalar as negociacións que o Goberno central ten que desenvolver co Grupo Alcoa para facer realidade a creación deste novo porto comercial.
Balseiro Orol valora positivamente o compromiso do novo Goberno galego e adianta que hoxe se está falar dun asunto moi importante para A Mariña, que redundará en proveito da nosa comarca e dos seus veciños. De feito, Balseiro explica que este é o primeiro paso dun complicado proceso de negociación que afecta tanto á administración autonómica como ao Goberno central e á propia multinacional do aluminio. “A Xunta xa deu conta da súa vontade favorable para conseguir este obxectivo e incluso asume con recursos propios o estudo técnico que avalará os trámites, xestións e custes de levar adiante esta nova infraestrutura”
UNHA INFRAESTRUTURA ESTRATÉXICA
O deputado popular lembra que, de contarse cun novo porto comercial aberto ao tráfico marítimo en xeral, a Mariña contará cunha infraestrutura estratéxica, capaz de achegar novas oportunidades de emprego, que servirá como imán para a creación de novas empresas ou para mellorar a loxística dos sectores produtivos que xa existen na nosa comarca e que precisan de novas vías para a saída das súas mercadorías.
O GOBERNO DE FEIJÓO CUMPRE
“O Goberno de Feijóo está a cumprir coa Mariña, a facer realidade os compromisos que temos adquiridos cos mariñás a través do noso programa electoral. A diferencia do que fixeron outros, que mantiñan un discurso diferente aquí e outro en Santiago, amosando que socialistas e nacionalistas nunca foron de fiar”
SOCIALISTAS E NACIONALISTAS NON SON DE FIAR
De feito Balseiro Orol lamenta que tal e como confirmou no día de hoxe o Presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, o anterior Executivo autonómico non efectuara ningunha xestión ou contacto para conseguir este obxectivo. “Todos lembramos as infinitas promesas dos socialistas e dos nacionalistas. O BNG incluso chegou a convocar unha manifestación reclamando este novo porto comercial. Pero o certo e que se demostrou que non son de fiar, pois nada tiñan feito para facer realidade a apertura do dique norte de Alcoa.”
O BIPARTITO INCUMPRIU UN ACORDO PARLAMENTARIO
O deputado popular recordou tamén que o anterior Goberno da Xunta incumpría deste xeito un mandato parlamentario que obrigaba a apoiar as negociacións entre o Goberno central e o Grupo Alcoa. Foi o 16 de abril de 2008, cando na Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do Parlamento de Galicia se acordou, a proposta do Partido Popular, e por aquel entonces co respaldo unánime das tres forzas políticas, que a Xunta de Galicia apoiase expresamente diante do Goberno central o inicio das negociacións oportunas co grupo Alcoa para abrir ao tráfico xeral o porto comercial de San Cibrao (Lugo). Os novos responsables autonómicos confirman que por parte de socialistas e nacionalistas as devanditas xestións quedaron en simples palabras, pois non se fixo xestión algunha ao respecto.
RECLAMABA AS COMPETENCIAS DE PORTOS
Tamén se explicou que a Xunta ten previsto abrir vías de diálogo co Goberno central para a cesión das competencias sobre portos de interese xeral como o é de Alcoa. O novo Goberno de Galicia quere xestionar e coordinar os recursos portuarios sitos na nosa comunidade e así defender os intereses da estrutura económica e produtiva galega e, neste caso, en beneficio da Mariña de Lugo
















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



