O CIM e o centro Quérote de Burela organizan para mañá ás 20:00 horas na Casa da Cultura un obradoiro de erótica feminina dirixido ás mulleres do concello. Segundo Neves Cando, “trátase de crear un espazo de conversa e reflexión dos modelos da educación afectivo-sexual e as incidencias na sexualidade feminina”






















Trátasde dun grupo coñecido pola súa posta en escena humorística e teatral, que combina música tradicional con estética de taberna e espírito festivo. O evento celebrarase o 22 de maio ás 23:00 horas na Rúa do Cobo nº 18, cun prezo de entrada de 5 euros. As persoas asistentes están convidadas a traer instrumentos para sumarse á foliada. A actividade conta con presenza en Facebook, Instagram e TikTok, onde se pode seguir a programación e novidades do espazo.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



