Galia sempre foi a máis desgraciada de todas as irmáns. Filla de Latinia, xa no seu nacemento foi relegada ao recuncho máis aloxado e esquecido da casa romana. Era belida, pero un pouco tímida e non sabía facer valer os seus encantos para destacar entre as irmás da familia. Na loita pola supervivencia foi saíndo adiante, pero sempre frouxa e apoucada. Houbo un rei, chamado Afonso, que quixo axudala e con ela falou e escribiu fermosas historias, pero a alegría na casa do pobre sempre dura pouco. Axiña apareceron os valedores de súa irmá Kasilia para enviala outra vez ao cuarto da borralla e ser servinte de mariñeiros e labregos sen poder durante moitos séculos sen luz. Súa irma Lusinia tivo máis sorte, máis valentía. Colleu e procurou a súa liberdade e independencia en casa de seu. Pola contra, o destino de Galia foi chorar e sufrir longas noite de pedra e esquecemento; tragar co desconsideración de ricos, señoritos, gobernantes, administradores e “paifocos desleigados”. Foi sobrevivindo gracias ás xentes humildes e ao teimoso traballo de románticos intelectuais que a coidaron e amaron durante tantos séculos contra toda caste de cipaios vendidos ao poder e ao egoísmo máis insolidario, destrutor, acaparador e mortífero. Matadores de linguas, de espíritos, de almas, fratricidas sen escrúpulos.
De tanta tristeza foi collendo unha profunda depresión, ficou calada, ensimesmada, automarxinada, acomplexada, considerándose culpable da súa propia existencia. Foi perdendo forzas e defensas e acabou enfermando de cancro. A súa lingua empezou a amosar tumores que se ían multiplicando, impedindo articular palabras propias, aumentando o silencio. Un aire de democracia e determinación dos seus fillos máis fieis abriulle os ollos a un raio de luz e agromou a esperanza das mil primaveras. Empezou a recibir o tratamento para a súa curación e supervivencia, aínda que de baixa intensidade; e cando empezaba a recuperar, volveron os cipaios, cheos de forza, de determinación, empurrados polos cartos e polo poder da corte imperial e decidiron cortar polo san. Non máis tratamento, empezar os preparativos para un transplante procedente do corpo de Kasilia.
E así estamos, outra vez na escuridade, na borralla neboenta secular, outra vez volve a burla, o desprezo, os insultos, a discriminación, a humillación. Ambiente pouco propicio para recuperar a saúde. Na boca de Galia non caben as dúas linguas, prodúcenlle problemas de tipo mental e o cancro empeza a súa táctica invasora e a metástase aproxímase ao cerebro.
Queda pouco tempo, agás que apareza un remedio milagroso ou que os fillos máis leais e cariñosos estoupen en carraxe e busquen solución. Mentres hai vida hai esperanzas e calquera familiar honrado procuraría a saúde de súa nai ate a fin do mundo. O outro camiño sen esperanza sería resistir ate que o mal se estenda por todo o corpo agardando a morte. Logo choros, lamentos e culpabilidades. Será tarde para todo.


















A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



