NOTA DE PRENSA
O trazado hipoteca ambiental,patriomial e urbanisticamente varias zonas da Mariña.
Fomento limita a un mes exposición publica do Estudo da Autovia.
O Ministerio de Fomento ven de facer público o Estudo Informativo da Autovía Barreiros San Cibrao(A-8) curiosamente no ano no que tiña que estar rematada a execución deste vial. Non é intención do Bloque Nacionalista Galego facer un recordatorio dos múltiples atrasos que acumulou esta actuación, pero si debemos deixar claro que esta é unha actuación acordada en 2001 no contexto dos acordos entre o Conselleiro Cuíña e o Ministro Cascos e que despois das súas visicitudes orzamentarias, desatascouse no marco da negociación dos Orzamentos Xerais do Estado entre o BNG e o PSOE para 2009 onde os socialistas se comprometían a facer público este documento no primeiro semestre do ano. Nunca é tarde se a dita é boa, agora ben o que non nos parece de recibo é que se pretenda vender como bo ou novo algo que xa ven de vello en cuxo retraso está comprometidos tanto o PSOE como o PP.
Os nacionalistas entendemos que non é casual que se aproveitase este período para súa exposición pública, co que se pretende dificultar a participación veciñal, e menos aínda que se reduza o período de exposición pública a só un mes cando o compromiso de demarcación de estradas en A Coruña era ampliar ao máximo os prazos legais para presentación de alegacións. Nesta liña desde o BNG queremos denunciar tamén a falla de sensibilidade por parte de Fomento en relación coas propostas plantexadas polos diferentes colectivos veciñais asi como as suxestións formuladas polos plenos dos Concellos de Foz, Burela e Cervo. Xa que logo os nacionalistas ofrecemosnos ao conxunto dos veciños dos Concellos a dar a coñecer o trazado e prestar a nosa colaboración en plantexar as propostas que consideren oportunas.
O BNG dirixiuse en repetidas ocasións ao Ministerio de Fomento para que fixese público este trazado pola sua transcendencia xa non na vertebración do territorio mariñán senón tamen porque este é determinante para a sua ordenación territorial é mais nun momento no que os Concellos están a redixir os seus planeamentos. Ao tratarse dunha obra de caracter supramunicipal, o trazado trasponse ao planeamento polo que tanto os PXOM en redacción como os aprobados inicialmente teñen que recoller na sua integridade neste vial o que obriga a empezar de novo cos mesmos. Neste sentido debese ter en conta que a Autovía modifica as previsións xerais do Planeamento o que afecta ao conxunto do documento. A maior abondamento debemos considerar que se trata dunha estrada que ten a fórmula xurídica de Autovía polo que a sua área de afección é de 100 metros a cada banda do vial, quedando inhabilitados para a edificación os primeiros 50 metros e nos 50 metros restantes precisandose para obrar dunha autorización de Fomento.
Non podemos esquecer que desde os Concellos plantexouselle a Fomento un trazado que tivese en conta a riqueza patrimonial, ambiental así como o respecto aos diferentes usos do solo para que fose un elemento de vertebración e desenvolvemento sostíbel, malia iso a traza que propón afecta solo urbano, areas da rede natura como a Ría de Foz, ou BIC como o de San Martiño de Mondoñedo. Asemade hai que ter en conta que se están dividindo núcleos ou parroquias como Cangas ou Vilaronte así como afectando vivendas xa construídas ou zonas que ten a consideración de solo núcleo rural que a lexislación homologa ao urbano consolidado.Ao final na solución proposta por Fomento primou o criterio económico sobre o racional.Os nacionalistas consideramos fundamental que se estude ben o proxecto e se plantexen solución para evitar desfeitas como vivimos nun pasado ben recente.

















Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.



