LUGO .- As xogadoras e o equipo directivo do Burela Pescados Rubén de fútbol sala feminino foron recibidos no Pazo de San Marcos, en Lugo, polo vicepresidente da Deputación, Antón Bao, e o delegado da Área de Deporte desta institución, Antonio Veiga. Este acto debese ao logro acadado polo equipo ó ascender a división de Honor, máxima categoría do fútbol sala feminino nacional. A esta recepción tamén foron convidados os voceiros dos grupos políticos con representación na Deputación de Lugo.
Nota de Prensa
O EQUIPO DE FÚTBOL SALA FEMININO BURELA PESCADOS RUBEN VISITA O PAZO DE SAN MARCOS
A Área de Deportes da Deputación homenaxea ao conxunto logo de ascender á máxima categoría estatal desta modalidade deportiva, a División de Honor
LUGO, 20 de xuño de 2009. O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, e o delegado da Área de Deporte desta institución, Antonio Veiga, recibiron este sábado ás integrantes e ao equipo directivo do Burela Pescados Rubén FSF logo de conseguir, o pasado 16 de maio, o ascenso á máxima categoría do fútbol sala feminino nacional: a División de Honor. O Pazo de San Marcos acolleu esta recepción á que foron convidados os voceiros dos grupos políticos con representación na Deputación de Lugo.
Antón Bao aproveitou a súa intervención para felicitar ao Burela Pescados Rubén mentres se refería ao club como “todo un referente do deporte feminino e concretamente do fútbol sala en Lugo e, por extensión, en Galiza e no resto de España”. Ademais, o vicepresidente da Deputación salientou o “esforzo” e “gran traballo realizado polas propias xogadoras e o equipo directivo para sustentar unha entidade deportiva destas características”. Así, o nacionalista lembrou as dificultades existentes neste contexto de crise económica para manter vivo un deporte considerado minoritario. Nesta liña, Bao instou ás administracións a que apoien con maior énfase este tipo de proxectos e, tamén, a presenza das mulleres no ámbito do deporte profesional.
Alén disto, o delegado da Área de Deporte da Deputación, Antonio Veiga, comentou que é precisamente o deporte feminino o que está a alcanzar “grandes logros nos últimos tempos”. A modo de exemplo, o nacionalista lembrou que hai tan só uns meses, o Club Voleibol Ribeira Sacra se proclamaba campión da Superliga Femenina 2, a atleta lucense Alessandra Aguilar conseguía no Maratón de Hamburgo a marca que lle permitirá participar no mes de agosto no Campionato do Mundo de Berlín e, recentemente, a judoka Sara Álvarez quedou terceira na Copa do Mundo de Madrid.
Pola súa banda, o vicepresidente do Burela Pescados Rubén Fútbol Sala, José Saa, agradeceu o apoio da Deputación de Lugo, a través da súa Área de Deporte, e das aquelas empresas privadas que fan posible que “este proxecto siga vivo”. No que atinxe ao ascenso á División de Honor do fútbol sala feminino estatal, Saa asegurou que este “é un logro único que nos enche de ledicia e que supón para o Burela Fútbol Sala Feminino un fito histórico sen antecedentes en Lugo”.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



