Vilalba, 23 de marzo, 2026. Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa respecto dos problemas do rural. A formación municipalista vén de anunciar o rexistro dunha proposta destinada a salvagardar o relevo xeracional das granxas e explotacións das parroquias do Concello.
O voceiro municipal e vicealcalde, Modesto Renda, explicou que a moción que levará ao Pleno responde á urxencia de “instar á Xunta de Galicia a rectificar na súa idea de non resolver as axudas de incorporación e plans de mellora de 2025 e xuntalas coas convocatorias de 2026 e 2027”.
Renda advertiu de que “preto do 70% das persoas titulares de granxas xubílanse nos próximos anos e a previsión é que as incorporacións cubran só o 5%”. Neste contexto, criticou que a Consellería do Medio Rural “non resolva as axudas para novas incorporacións”, o que deixa en incerteza a moitos gandeiros e agricultores que contaban coa convocatoria anual para organizar investimentos, asumir explotacións por xubilación ou planificar o seu futuro profesional.
Vilalba Aberta defenderá no Pleno que se resolva con carácter de urxencia a convocatoria de 2025 e que, no caso de non existir orzamento suficiente, se habilite en 2026 unha convocatoria específica para as persoas que queden fóra, mantendo as condicións de 2025.
Renda tamén preguntará á Consellería que ocorrerá co orzamento destinado ás axudas, lembrando que “o ano pasado, con 30,5 millóns de euros, non se cubriron todas as solicitudes, e agora preténdese atender dúas convocatorias con 53 millóns. Cantas quedarán fóra?”.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



