BURELA (FNC) .- A concelleira de Cultura, Neves Cando, presentou esta mañá a axenda cultural para este verán que inclúe música, arte e diferentes actividades para os máis novos. Unha ampla oferta que arrinca esta fin de semana.
A edil nacionalista explicou que “comezamos este venres día 17 coa programación cultural cunha nova aposta pola actuación na rúa e ao aire libre, trátase de disfrutar da maxia a cargo de Cristian Magic ás 17.30 horas na Praia urbana de O Portelo porque queremos achegar a maxia aos máis pequenos e ao público en xeral no entorno por excelencia do verán como é a praia. Ésta non será a única actuación ao aire libre dirixida ao público máis novo porque o venres día 31 de xullo contaremos cunha mostra do Novo Circo Galego a cargo de Peter Pank ás sete da tarde na praza da Mariña e xa en agosto, teremos tres novas citas, o mércores 12 malabares e humor con Roi Sixto ás sete da tarde tamén na praza da Mariña, o venres 21 circo con manualidades ás sete e o venres 28 o Circo de Siganí e compañía á mesma hora e no mesmo lugar”. Cando engadiu que “remataremos este ciclo para os máis pequenos o venres 11 de setembro ás sete da tarde na praza da Mariña con Ringo Rango de Pistacatro Productora e por último, para os máis pequenos temos unha novidade este ano que vai ser unha sesión de cinema na Caixiña de Mistos sobre rodas: As mellores películas que trata de promover o cinema entre os máis novos nun proxecto itinerante que percorre a xeografía galega. Non se trata só de ver unha película senón de potenciar o seu valor didáctico e lúdico a través do soporte do cinema que invita a soñar e a través de diferentes actividades que se van a desenvolver mentres que os nenos e nenas esperan á súa vez para entrar na caixiña de mistos. Esta cita será o martes 4 de agosto durante todo o día de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 21:00 na praia urbana de Burela”.
Adultos
A responsable de cultura anunciou que “para o público adulto a oferta cultural é basicamente musical pero variada e de bastante calidade. Comezamos este sábado 18 co concerto de Alejandro Vargas Trío Oriental ás 21:00 da noite no auditorio da Casa de Cultura. O prestixioso pianista cubano ofrecerá unha clase maxistral como remate do Seminario de Jazz que se está a celebrar en Burela e pola noite dará un concerto co seu grupo. Alejandro Vargas é un dos pianistas, compositores e intérpretes de jazz máis sobresaíntes da nova xeración de músicos cubanos e presentará aquí en Burela o seu disco Trapiche que mestura motivos tradicionais con solucións máis frescas”. Neves Cando segue a relatar que “o venres 31 de xullo, cambiando de ritmos, teremos unha cita, por xentileza de Caixanova coa Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao ás 21.30 da noite. A orquestra, que é unha das mellores de Europa no seu xénero, deleitaranos cos seus máis de 20 acordeonistas con música de tódolos estilos e épocas. Por último remataremos o verán cultural con dúas actuacións ben distintas, a primeira delas será o venres 7 de agosto coa Mostra Folclórica Internacional que este ano nos acercará música de Rusia e da India e o venres 18 de setembro teremos a estrea oficial da Coral da Residencia de Maiores do noso pobo”.
Exposicións
Neves Cando anunciou que “completaremos a oferta cultural coas exposicións na nosa Sala de Arte. A primeira delas está adicada á Historia Fotográfica da Sociedade Deportiva de Burela e presentaremos tamén a 19ª edición de Galicia en foco. O fotoxornalismo galego. En agosto, poderemos gozar da escultura de Juan Vila e dos gravados do Museo Provincial de Lugo e remataremos en setembro con debuxo e pintura da ANPA do Colexio Virxe do Carme”.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



