BURELA .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Burela, realizará un obradoiro de iniciación a internet e está traballando na iniciativa “Memoria dos oficios” consistente na creación de tres videomontaxes
nas que se falará sobre oficios tradicionais.
Nota de Prensa
A Rede presenta o seu programa para a segunda quincena de xullo en Burela
“Memoria dos Oficios”, xunto cun obradoiro tecnolóxico, son as actividades que se están impartindo nestas dúas semanas
Burela, a 21 de xullo de 2009. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en
colaboración co concello de Burela, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas
Tecnoloxías que se están a realizar nesta segunda quincena do mes de xullo. As actividades e as
datas nas que se están a desenvolver son as seguintes:
o Obradoiro de “Iniciación a Internet”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao
finalizar este obradoiro, sexa capaz de navegar por Internet a través do navegador libre
Mozilla Firefox. Estase a desenvolver de luns a venres, do 20 ao 30 de xullo, de 9 a 10
horas.
o Iniciativa “Memoria dos Oficios”: esta iniciativa consiste na creación de 3 videomontaxes
nas que se falará sobre oficios tradicionais. Estase a desenvolver de luns a venres, do 16
ao 31 de xullo, de 10 a 12 horas.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica,
enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das
estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus
principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e
ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores
e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que
se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás
necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con
discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



