NOTA DE PRENSA
O Diario Oficial de Galicia publicaba no día de onte unha resolución do 2 de xullo de 2009 polo que se procedía a encargar á UTE Cortizo, Ovisa e construcciones Hispánica as obras de construción da Vía de Alta Capacidade Costa Norte, entre Celeiro e San Cibrao.
ISMAEL REGO MANTÉN A SÚA ESTRATEXIA DE DESINFORMACIÓN E ENGANO E CONFUNDE DELIBERADAMENTE A PUBLICACIÓN NO DOGA COA ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CORREDOR
• En menos de 100 días o novo Goberno da Xunta procedeu á adxudicación definitiva do primeiro treito do corredor na provincia de Lugo, mentres que na pasada lexislatura non se adxudicou definitivamente ningún so metro de corredor na nosa provincia.
• Balseiro lamenta que as liortas internas do PSOE traian consigo a falta de rigor coa que falaban os deputados socialistas cando viñan a reclamar a adxudicación dun contrato que xa estaba feita.
A Mariña, 22 de xullo de 2009.- Nun intento desesperado por disimular a falta de rigor e desinformación na que incorreron o deputado socialista Ismael Rego e o voceiro de infraestruturas do Grupo Parlamentario do PSOE, Pablo López Vidal, o primeiro deles saíu no día de onte aos medios de comunicación para confundir deliberadamente o feito da publicación no DOGA co acto de adxudicación definitiva das primeiras obras da Via de Alta Capacidade na nosa provincia. Jose Manuel Balseiro Orol lembra que ambos deputados socialistas pediron, na pasada semana, a adxudicación dun contrato que xa estaba realizada, co único obxecto de enganar á xente e quitar valor a un dato histórico: Antes dos cen primeiros días de Goberno, o PP xa fixo máis que o PSOE en toda a lexislatura pasada, pois procedeu a encargar á UTE Cortizo, Ovisa e construcións Hispánica, a construción do primeiro treito desta vía de alta capacidade na provincia de Lugo, isto é, o tramo Celeiro San Ciprián.
Balseiro lamenta que Ismael Rego como responsable político que é, antes de ter enganado á xente, e realizado afirmacións falsas e manipuladas, non tivera empregado as atribucións que posúe como parlamentario para interesarse pola situación administrativa do corredor. “En todo caso, o que está moi claro é que o PP non ten culpa da situación interna que está a sufrir o Partido Socialista, e máis en concreto, que uns deputados socialistas non se falen con outros”, tal e como demostra o feito de que Rego non coñecera os datos sobre a adxudicación do corredor, a pesar de que unha compañeira súa, a deputada Caride, foi na pasada lexislatura a consellería de Política Territorial e, polo tanto a persoa que podía darlles esta información.
IGNORANCIA DO PSOE RESPECTO DA MARIÑA
Balseiro cree que unha vez máis Rego está a facer gala da súa ignorancia respecto dos asuntos relacionados coa Mariña lucense, á vez que pon de relevo a falta de rigor coa que actúa no exercicio da súa función pública. Neste senso subliña que os datos ofrecidos polo propio Balseiro sobre as datas de adxudicación provisional (1/03/2009) e definitiva (11/06/2009) desta obra, son froito do traballo e do interese que PP ten respecto de todo o relacionado coa Mariña e, máis en concreto, respecto desta infraestrutura tan importante. ”É por iso que emprazo ao señor Rego a desmentilos, algo que teño a total seguridade, non será capaz de facer”.
O PSOE RECLAMABA ALGO XA FEITO
Finalmente desde o PP lembran un dato moi significativo, mentres que os deputados socialistas Ismael Rego e Pablo López Vidal reclamaban a adxudicación das obras do treito San Ciprián Celeiro en rolda de prensa o pasado 15 de xullo de 2009, a publicación no día de onte no DOGA desta adxudicación provisional, fai referencia a que esta estaba decidida moito antes, “en concreto por Resolución da Secretaria Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 2 de xullo de 2009, trece días antes. É máis se tomamos como base a data de adxudicación provisional deste treito podemos afirmar que desde o PSOE estaban a reclamar algo que xa se efectuou catro meses antes da data na que o estaban a pedir (1/03/2009), mostra inequívoca, xa digo, da súa falta de rigor”.
O parlamentario popular conclúe afirmando que, cun Goberno do PP, o corredor deixará de ser, por fin, unha infraestrutura virtual.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



