BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, atópase satisfeito trala aprobación por unanimidade no pleno de onte das alegacións que o Concello presenta contra o trazado da autovía Barreiros-San Cibrao, previsto por Fomento. O rexedor arremeteu tamén contra o voceiro do PP pola falla de respecto que amosou na sesión.
Alfredo Llano explicou que “neste pleno ordinario, que correspondía facer o xoves día 30, pero que adiantamos básicamente para que entraran a tempo as alegacións que vamos presentar en conxunto a Fomento sobre o trazado do corredor, o punto fundamental era a aprobación das alegacións relativas ó estudio informativo da autovía Barreiros-San Cibrao. Todo este procedemento estívose facendo durante todo este mes e foi levado a cabo por unha comisión onde estaban representados os tres grupos políticos do Concello de Burela, a asociación de veciños O Vencello, a comunidade de montes, particulares e asociación culturais. Durante este tempo o fóronse elaborando as alegacións ben razonadas con informes técnicos, de tal maneira que, hoxe mesmo pola mañá, xa as enviamos para que cheguen en prazo a Fomento e desta maneira esquecernos do que é o seu trámite. Agora hai que agardar a resposta e seguir tramitando cousas, buscando apoios e seguir xustificándonos para que a autovía pase por onde nós consideramos que é mellor para Burela, que é que canto máis ó sur mellor”.
O rexedor dixo que “o pleno de onte tratou básicamente ese punto e aprobación da conta xeral do exercicio 2008 que foi para adiante cos votos do equipo de goberno e a abstención do Partido Popular. O punto das alegacións foi aprobado por unanimidade por tódolos integrantes como era normal e o único que houbo aquí foron uns comentarios excesivos que fixo o PP sobre a tramitaicón das alegacións para non dicir absolutamente nada, só se limitaron a dicir que se eles fixeran máis que ninguén, dando a entender que todo esto saira adiante grazas á súa intervención, cando o que se fixo sempre foi a través dunha comisión sen tratar de gañar puntos nin facer unha valoración para que un se leve as dez últimas nin moito menos”.
Llano seguiu a relatar que “todo o mundo se comprometeu a traballar ó unísono e co compromiso de facelo para todos que era do que se trataba, de traballar para o pobo, sen tartar de conseguir méritos nin venderse como se fosemos aquí supermans, cando o que había que facer era ser coherentes e estar dentro do grupo e tratar de facer as cousas en conxunto que é o que se pretendía”.
O alcalde engadiu que “foi un pleno no que se trataron varias mocións, nunha delas que foi proposta polo goberno municipal foi a de implicar a Xunta de Galicia para que envíen informes favorecendo o trazado que nosoutros propoñemos, tamén se viron dúas mocións sobre a mellora do parque e as instalación deportivas e outra relativa a que se presuposte para o ano que vén algún tema derivado do medio ambiente e de Costas”.
Llano destacou que “houbo algunha cuestión extraordinariamente rara que non debe aparecer para nada nun órgano de máxima importancia como é un pleno. O portavoz do Partido Popular estivo sempre dunha maneira moi pouco respectuosa co pleno, non gardando a vez para falar, tentando impoñer a súa voz diante do propio alcalde, tratando de levar dunha maneira irrespectuosa a sesión. Todo esto nos pareceu moi preocupante, que se veña facendo eso nos plenos dándolle unha connotación ós plenos que non lles corresponden. O pleno é un órgano colexiado de máxima importancia que ten moito respecto e creo que non nos gustou a forma de proceder do portavoz do grupo popular cunhas claras manifestacións, sen gardar ás veces, nin siquiera as formas á hora de falar, así llo fixen entender, que desa maneira non pode seguir”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



