BURELA (FNC) .- A tenente de alcalde, Neves Cando, explicou esta mañá que o punto máis relevante do pleno de hoxe será unha moción conxunta presentada por BNG e PSOE para instar á Xunta de Galicia a que defenda os intereses do Concello sobre o trazado da autovía Barreiros-San Cibrao diante do Ministerio de Fomento.
A edil nacionalista anunciou que “o pleno do Concello de Burela vai aprobar hoxe as alegacións que presentamos ao estudo informativo sobre a autovía San Cibrao-Barreiros, unhas alegacións que, en resumo, rexeitan as tres propostas presentadas polo Ministerio de Fomento que discorren paralelas á actual variante de Burela porque hipotecan e lesionan gravemente o futuro do noso pobo a tódolos niveis, tanto urbanística como socioeconómicamente. A nosa proposta avalada por tódolos grupos políticos, pola asociación de veciños e a comunidade de montes de Burela, é a opción plantexada pero descartada polo Ministerio de Fomento que discorre mais ao sur do noso concello”.
Cando insiste en que “ésta é a única opción viable para nós porque elimina a afección existente da actual variante e non xenera novos caudais que poidan afectar as nosas infraestructuras municipais posto que non modifica as concas dos verquidos, non impide o desenvolvemento de ámbitos imprescindibles para o crecemento económico do municipio e facilita as conexións do núcleo co ámbito municipal que se sitúa o máis ao sur da actual variante. Por todas estas razóns o Concello vai solicitar que esta autovía San Cibrao-Barreiros discorra polo trazado sur, polo itinerario máis ao sur proposto por Fomento. Dada a singularidade territorial de Burela con moita fronte costeira e pouca profundidade, xa hai moita afección de protección costeira e mais tamén de infraestructuras de carácter supramunicipal como é a rede ferroviaria, todo isto fai que o noso crecemento territorial sexa de cara ao sur e que ésta sexa únicamente a opción válida para Burela”.
A tenente de alcalde engadiu que “ademais destas alegacións o Concello de Burela tamén ten que emitir un informe sobre este trazado da autovía ao igual que tamén o terá que facer a Xunta de Galicia segundo se ordena na resolución da Dirección Xeral de Estradas pola que se aprobou provisoriamente este estudo informativo. E é aquí, neste informe que terá que emitir a Xunta de Galicia, onde nós queremos incidir presentando unha moción conxunta BNG-PSOE para aprobar esta tarde no pleno e na que instamos á Xunta para que no informe que deberá emitir sobre este estudo informativo da autovía Barreiros-San Cibrao defenda os intereses do Concello de Burela no senso de rexeitar a opción escollida polo Ministerio de Fomento e apoiar as alegacións aprobadas por nós para que desta maneira non se hipoteque o futuro urbanístico e socioeconómico de Burela”.






















Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



