Nota de Prensa
O GPPP afirma que a Deputación, para a Mariña, “está fóra de servicio”
* González Barcia pregúntase por unha soa obra feita pola Deputación na comarca con fondos propios
* Os populares pídenlle ós socialistas que deixen de engañar e mentir
Lugo, a 22 de xullo de 2009.- O GPPP saiu hoxe ó paso das manifestacións feitas onte por Lara Méndez acerca do compromiso da Deputación coa comarca da Mariña. Segundo o voceiro adxunto dos populares no ente provincial, José María González Barcia, a Deputación, no que respecta á Mariña, “está fóra de servicio e leva así dous anos”.
González Barcia fíxose varias preguntas sobre o grao de compromiso da Deputación coa Mariña. Por exemplo, pregúntase se existe unha soa obra durante estes dous anos feita pola Deputación con fondos propios. Tamén se pregunta se Lara Méndez mentiu cando a finais do verán de 2007 afirmou, “sen o menor recato”, que o parque de bombeiros de Barreiros estaría en marcha no primeiro trimestre de 2008.
Barcia tamén se pregunta se aumentaron as axudas da Deputación ós sectores pesqueiro e agrogandeiro ou se esta institución se implicou na promoción turística da comarca, lembrando o “ninguneo” que, o seu enteder, Besteiro someteu ó entorno da praia das Catedrais. Igualmente, Barcia pregúntase polos parques empresariais que, promovidos pola Deputación, se remataron ou se puxeron en funcionamento nestes dous anos.
Para o voceiro adxunto dos populares na Deputación, calquer cidadán desta comarca mínimamente informado, “e son moitos os que o están”, tén claras as respostas a estas preguntas. Polo tanto, segundo Barcia, a Deputación é unha administración que para os mariñanos queda lonxe, porque na comarca “ni está ni se la espera”. Por eso, na súa opinión, “os socialistas deben de deixar de engañar ós cidadáns e poñerse a traballar, cousa na que non se prodigan moito, precisamente por esa razón as cousas van como van”.






















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



