Venres, 28 de agosto: Ás 20:00 horas gran sardiñada. Ás 21:00 horas exhibición Estival da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica. Pola noite, verbena con “Océano”. Sábado, 29 de agosto: Pola mañá Pasarúas coa “Banda Tau” de Viveiro. Misa solemne e procesión. Sesión Vermú con “Magos de España”. Ás 20:00 horas, XXVIº Festival de Saiñas no Pavillón Municipal. Pola noite, verbena con “Magos de España” e “Philadelfia”. Domingo, 30 de agosto: Pola mañá, Pasarúas coa “Banda do Landro” de Viveiro. Misa solemne e Procesión. Sesión Vermú con “Abanico”. Pola noite, verbena con “Abanico” e “París de Noia”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



