RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que “o asunto importante é que o pleno extraordinario de onte correxiu un erro nas bases de contratación nestas importantes obras de mellora da travesía urbana de Ribadeo que se van acometer nos próximos tempos, unha das máis importantes, máis ambiciosas e máis custosas obras das que se teñen feito aquí en Ribadeo. Debido a un erro na confección das bases polo propio arquitecto que logo advertiu dese erro e que o informou por escrito, os niveles de clasificación que se lles requerían ás empresas que puideran participar eran desproporcionados para o tipo de obra que é, e deste xeito se isto seguira así só poderían presentarse aquelas grandes empresas e dende logo ningunha delas teñen radicación no noso territorio nin na nosa comarca. Entendemos, entendeu o pleno, que arranxado este erro se favorece a competencia para que poidan participar máis e que a mellor sexa a que leve a obra”.
O rexedor engade que “logo despois, lamentablemente unha parte da Corporación, concretamente, estes dous grupos que últimamente están facendo guerra de calquera cousa para facerse notar, tanto PSOE como UPRI, abandoaron o salón de plenos antes de debatir este asunto por unha cuestión protocolaria. Documentaron que a bandeira galega estaba no centro e que non debería estar así, senón que debía estar noutro lado. Aquí no Concello de Ribadeo, a verdade é que non sempre se colocan da mesma maneira, de feito por poñer un exemplo, na toma de posesión do actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, as bandeiras estaban ubicadas igual que onte estaban no salón de plenos do Concello de Ribadeo e que tanto molestou a PSOE e a UPRI, pero por poñer outro exemplo, na fachada da Casa do Concello están colocadas doutra maneira, é dicir como queren os grupos da oposición que abandonaron onte o pleno”. Suárez Barcia cre que “éste non é motivo para protagonizar este tipo de incidentes, o que pasa que da a sensación de que os concelleiros de PSOE e de UPRI tan só queren crear polémica continuamente, crispar a vida municipal incluso con asuntos de escasa transcendencia”.
O rexedor ribadense insiste en que “o importante do pleno foi que se aprobou a modificación que había que facer para que empresas da comarca, do concello e do entorno poidan participar tamén neste concurso, e en todo caso que a mellor delas, segundo o informe técnico e segundo o que acorde o pleno logo no seu momento, sexa que leve esta obra tan importante para Ribadeo”.





















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



