Nota de Prensa
Informes internos da Deputación recoñecen a inexistencia de contratos de subministros
• O voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, afirma que a Xunta de Goberno voltou a validar hoxe facturas por importe de máis de 300.000 euros con disconformidade no gasto
• Os populares pídenlle a Besteiro que non minta máis, que reduza o autobombo e que se poña a traballar
Lugo, a 3 de setembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular asegurou que a Deputación de Lugo practica o “engano e a mentira ós cidadáns porque o que din nos medios de comunicación non se corresponde cos informes internos” que manexan, ó tempo que acusan ós seus responsables de ocultar información “descaradamente e para tentar tapar a súa vagancia e o despilfarro”.
O voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, afirmou que a Xunta de Goberno, na súa sesión de hoxe, validou facturas con disconformidade do gasto, correspondentes todas elas ó presente exercicio de 2009 e que, segundo aclara, “nada teñen que ver con actuacións da etapa anterior”, por importe de 307.652’13€ (algo máis de 51 millóns de pesetas).
Pero para González Barcia “o máis destacado” non é xa a “nada desdeñable” cuantía senón “o contido dos informes” que acompañan a varias destas facturas, e que demostran, segundo asegura, que “Gómez Besteiro está mentindo e non é de fiar porque está a xogar alegremente cos cartos de todos os cidadáns da provincia”.
Así, un primeiro bloque, conformado por dúas facturas e que suma 60.839’14€, correspóndese coa limpeza do San Rafael durante os meses de xuño e xullo do presente ano. Un informe do pasado 3 de xullo e que se incorpora ó expediente recoñece que non hai contrato, e que “…descoñécense as causas polas que non se iniciou o procedemento… a tal efecto”.
Un segundo bloque de facturas fan referencia á limpeza do Museo Provincial e a determinados espacios do Hospital de Santa María, e ascenden a 23.744’75€. As facturas referidas ó Museo, que son dúas e corresponden a xuño e xullo do presente ano, teñen sendos informes, un de 07/07/09 e outro de 06/08/09, nos que se indica o mesmo sobre a inexistencia de contrato: “…este servicio tén presentados os informes correspondentes de contrato maior…” para o inicio do procedemento.
As facturas referidas á limpeza no Hospital de Santa María, tres en total, adxuntan dous informes de 02/07/09 e de 01/08/09 respectivamente, nos que se fai constar expresamente que “rematou o contrato e non hai contrato novo asinado”.
O bloque destinado á subministración de diversos productos e servicios ó Hospital San Rafael suma algo máis de 40.000’00€. Hai dous informes, un de 03/07/09 e outro de 08/08/09, que din literalmente: “… da presente factura non existe contrato, e descoñécense as causas polas que non iniciou o procedemento… unha vez que xa fora remitida o 17/11/08 a proposta para a adxudicación do contrato deste tipo de subministros. Atópase esgotada a partida económica destinada a cubrir esta subministración”.
Un último bloque fórmano dúas facturas referidas, “esta vez si”, á conservación e mantemento da rede viaria provincial. En total, preto de 188.000’00€. Unha delas relativa á zona de Navia de Suarna, e a outra á zona de Ribadeo. Pero hai dous informes nos que consta expresamente que “…o contrato anterior con esta empresa extínguese o 28 /01/09 e non se asina novo contrato hasta o 04/05/09”.
Todos os informes citados están asinados por persoal da Deputación, xefes de servicio ou similares, e demostran, segundo Barcia, varias cousas:
– Ningunha das facturas que pasa pola Xunta de Goberno con disconformidade do gasto corresponden á etapa anterior, “polo que Gómez Besteiro minte cando di o contrario”.
– Non houbo ningunha previsión de renovación de contratos ou de convocatoria doutros novos, tal e como se desprende dos propios informe que están no expediente.
– Son os propios funcionarios os que están alertando da situación, e o bigoberno, encabezado por Besteiro e Bao, non fai nada. “Están instalados na vagancia e na desidia, e no caso particular de Gómez Besteiro, na autocomplacencia”, asegura o voceiro adxunto do GPPP.
– Existe pouco ou ningún control político sobre o gasto e sobre o rigor que debe presidir a xestión dunha institución como a Deputación.

















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



