NOTA DE PRENSA
A inversión do Estado para 2010 situase en 30.688.170 de Euros
O BNG denuncia que diminúe a inversión en relación con 2009
Os Orzamentos Xerais do Estado que ven de presentar no día de hoxe a Ministra de Economía significan unha auténtica tomadura de pelo para os veciños da Mariña, ate o punto de poder afirmar que estes orzamentos pasan de longo pola Comarca. Tanto é así que estes Orzamentos non recollen ningunha actuación nova, deixan claro a falla de execución de obras previstas nos orzamentos de 2009, significa unha baixa na inversión na Comarca con respecto aos Orzamentos pasados e representan un incumprimento dos compromisos adquiridos coa mesma polo Goberno Central.
No 2010, ningun tramo da A-8 aberto na Mariña.
A lectura dos Orzamentos poñen en evidencia que a Autovía do Cantábrico non vai ser unha realidade no 2012 como insistentemente se repite desde o partido do Goberno posto que para o exercicio 2011 recolle un investimento de máis de 78.800.millóns de Euros. A este respecto hai que ter en conta que para o exercicio de 2010 recóllense 22.676.37 millóns de Euros non rematándose ao longo de 2010 ningún tramo da A-8 na Mariña. Neste sentido non encontramos explicación a que se paralice de facto as obras no tramo Barreiros–Vilamar ao asignárselle só 224.000 Euros deixando os 3024.31 millóns restantes para o vindeiro ano. Non deixa de ser curioso que os tramos a abrir supostamente en 2010 se correspondan cos de menor complexA inversión do Estado para 2010 situase en 30.688.170 de Euros
O BNG denuncia que diminúe a inversión en relación con 2009
Os Orzamentos Xerais do Estado que ven de presentar no día de hoxe a Ministra de Economía significan unha auténtica tomadura de pelo para os veciños da Mariña, ate o punto de poder afirmar que estes orzamentos pasan de longo pola Comarca. Tanto é así que estes Orzamentos non recollen ningunha actuación nova, deixan claro a falla de execución de obras previstas nos orzamentos de 2009, significa unha baixa na inversión na Comarca con respecto aos Orzamentos pasados e representan un incumprimento dos compromisos adquiridos coa mesma polo Goberno Central.
No 2010, ningun tramo da A-8 aberto na Mariña.
A lectura dos Orzamentos poñen en evidencia que a Autovía do Cantábrico non vai ser unha realidade no 2012 como insistentemente se repite desde o partido do Goberno posto que para o exercicio 2011 recolle un investimento de máis de 78.800.millóns de Euros. A este respecto hai que ter en conta que para o exercicio de 2010 recóllense 22.676.37 millóns de Euros non rematándose ao longo de 2010 ningún tramo da A-8 na Mariña. Neste sentido non encontramos explicación a que se paralice de facto as obras no tramo Barreiros–Vilamar ao asignárselle só 224.000 Euros deixando os 3024.31 millóns restantes para o vindeiro ano. Non deixa de ser curioso que os tramos a abrir supostamente en 2010 se correspondan cos de menor complexidade técnica isto é Touzas-Vilalba, Abadín-Castromaior e Carreira-Abadín. Non imos falar xa da data de 2006 que anunciaba como limite de remate da obra por parte do Conselleiro Cuíña en 1999 cando se optou polo trazado interior, agora ben atendendo ao ritmo das licitacións o normal seria que ata 2015 esta obra non vai estar rematada tal como recolle o informe sobre infraestructuras da CEL. Non é de recibo que os Mariñáns precisemos de 16 anos para que unha vía de comunicación central como esta entre en funcionamento.Mesmamente atreverse a valorar positivamente os orzamentos polas partidas consignadas para A-8 é un insulto a intelixencia de todos nos.Só desde a perspectiva de quen é tratado como cidadáns de segunda son tolerábeis estes retrasos.
O Corredor Barreiros San Cibrao, paralizado
A comisión de Fomento do Congreso dos Deputados por unanimidade no 2005, a propia Ministra de Fomento en 2004 tras reunirse cos Alcaldes de Viveiro, Xove,Ourol e Foz, confirmaron que este tramo de enlace entre a A-8 e o Corredor San Cibrao-Ferrol estaría rematado no horizonte de 2008.A falta de rigor na presentación das contas do estado pódese verificar no feito de que se recollan dúas partidas co nome de Corredor Barreiros-San Cibrao, nun caso asignándolle un investimento para este ano de 0 euros e noutro de 60.000 Euros. A vista do disposto nos orzamentos do ano pasado todo fai pensar que a cantidade asignada é de 0 euros. É obvio que esta actuación non é unha prioridade para o Ministerio de Fomento e que dentro da planificación do Ministerio está non executa-la.
Costas, baixa o investimento
Un dos organismos máis inversores na provincia de Lugo, o departamento de Costas do Ministerio de Medio Ambiente baixa a súa inversión na comarca en case 5 millóns de euros situándose en 7.920.000 Euros para 2010. Esta cantidade limitase a actuacións xenéricas sendo esta a primeira ocasión no que non se recolle ningunha actuación concreta en ningún contorno da Mariña. Agardamos que esta indefinición non sexa a coartada para que a través das vinculacións de crédito se proceda a non execución das partidas ou a paralización de proxectos.
Paralizase a Rehabilitación do Convento de San Francisco
A proposta Orzamentaria para 2010 recolle dúas actuacións máis na Comarca como son a Ronda Oeste de Ribadeo a que se destinan 94.8000Euros procedéndose a paralizar as obras de Rehabilitación do Convento de San Francisco á que este ano non se destina un euro transferindo a inversión que fica por facer a 2011 e 2012.
Nada novo agás unha fiscalidade contra as clases traballadoras
O Bloque Nacionalista Galego asume con preocupación que a maiores dos incumprimentos reiterados, estañamos diante duns Orzamentos que non recolla ningunha actuación nova na Comarca. Non temos dúbida a vista dos mesmos que A Mariña non existe para o Goberno do Estado e nese sentido urximos unha viraxe que permita axilizar as obras nas infrestruturas principais. Asemade tamén é evidente que o sector público non actúa na Mariña como instrumento para enfrontar o proceso de crise. Se a receita do goberno fronte a mesma é mobilizar recursos públicos, porque non se fai esto na Comarca?.
O BNG observa coa mesma preocupación que estas contas públicas non respondan a criterios sociais e avancen na liña de facerlle pagar a crise aos traballadores. Neste sentido non é de recibo que os mesmos non recollan ningún Plano de dinamización económica e que por outra banda a presión fiscal aumente en base a suba na fiscalidade indirecta que a quen grava e as clases traballadoras e tamén a aqueles territorios onde os salarios son máis baixos.
Xa por último o BNG vai presentar un paquete de emendas aos orzamentos na perspectiva de que os mesmos operen como un factor de desenvolvemento da comarca e que contribúan a cohesión social. idade técnica isto é Touzas-Vilalba, Abadín-Castromaior e Carreira-Abadín. Non imos falar xa da data de 2006 que anunciaba como limite de remate da obra por parte do Conselleiro Cuíña en 1999 cando se optou polo trazado interior, agora ben atendendo ao ritmo das licitacións o normal seria que ata 2015 esta obra non vai estar rematada tal como recolle o informe sobre infraestructuras da CEL. Non é de recibo que os Mariñáns precisemos de 16 anos para que unha vía de comunicación central como esta entre en funcionamento.Mesmamente atreverse a valorar positivamente os orzamentos polas partidas consignadas para A-8 é un insulto a intelixencia de todos nos.Só desde a perspectiva de quen é tratado como cidadáns de segunda son tolerábeis estes retrasos.
O Corredor Barreiros San Cibrao, paralizado
A comisión de Fomento do Congreso dos Deputados por unanimidade no 2005, a propia Ministra de Fomento en 2004 tras reunirse cos Alcaldes de Viveiro, Xove,Ourol e Foz, confirmaron que este tramo de enlace entre a A-8 e o Corredor San Cibrao-Ferrol estaría rematado no horizonte de 2008.A falta de rigor na presentación das contas do estado pódese verificar no feito de que se recollan dúas partidas co nome de Corredor Barreiros-San Cibrao, nun caso asignándolle un investimento para este ano de 0 euros e noutro de 60.000 Euros. A vista do disposto nos orzamentos do ano pasado todo fai pensar que a cantidade asignada é de 0 euros. É obvio que esta actuación non é unha prioridade para o Ministerio de Fomento e que dentro da planificación do Ministerio está non executa-la.
Costas, baixa o investimento
Un dos organismos máis inversores na provincia de Lugo, o departamento de Costas do Ministerio de Medio Ambiente baixa a súa inversión na comarca en case 5 millóns de euros situándose en 7.920.000 Euros para 2010. Esta cantidade limitase a actuacións xenéricas sendo esta a primeira ocasión no que non se recolle ningunha actuación concreta en ningún contorno da Mariña. Agardamos que esta indefinición non sexa a coartada para que a través das vinculacións de crédito se proceda a non execución das partidas ou a paralización de proxectos.
Paralizase a Rehabilitación do Convento de San Francisco
A proposta Orzamentaria para 2010 recolle dúas actuacións máis na Comarca como son a Ronda Oeste de Ribadeo a que se destinan 94.8000Euros procedéndose a paralizar as obras de Rehabilitación do Convento de San Francisco á que este ano non se destina un euro transferindo a inversión que fica por facer a 2011 e 2012.
Nada novo agás unha fiscalidade contra as clases traballadoras
O Bloque Nacionalista Galego asume con preocupación que a maiores dos incumprimentos reiterados, estañamos diante duns Orzamentos que non recolla ningunha actuación nova na Comarca. Non temos dúbida a vista dos mesmos que A Mariña non existe para o Goberno do Estado e nese sentido urximos unha viraxe que permita axilizar as obras nas infrestruturas principais. Asemade tamén é evidente que o sector público non actúa na Mariña como instrumento para enfrontar o proceso de crise. Se a receita do goberno fronte a mesma é mobilizar recursos públicos, porque non se fai esto na Comarca?.
O BNG observa coa mesma preocupación que estas contas públicas non respondan a criterios sociais e avancen na liña de facerlle pagar a crise aos traballadores. Neste sentido non é de recibo que os mesmos non recollan ningún Plano de dinamización económica e que por outra banda a presión fiscal aumente en base a suba na fiscalidade indirecta que a quen grava e as clases traballadoras e tamén a aqueles territorios onde os salarios son máis baixos.
Xa por último o BNG vai presentar un paquete de emendas aos orzamentos na perspectiva de que os mesmos operen como un factor de desenvolvemento da comarca e que contribúan a cohesión social.
















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



