BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela explicou que “nosoutros temos solicitado desde principios de ano unha modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento de Burela na zona de O Perdouro, porque a queremos consolidar como comercial e industrial, regulala e normalizala para que se lle dea valor a aquel espazo”. Llano segue a relatar que “nós presentamos toda a documentación que nos requeriu a Xunta de Galicia naquel momento, envióuse e de volta mandáranos a petición de tres cuestións que tiñamos que resolver e que estaban relacionadas coa edificabilidade ou coa dotación que se vai a facer naquela zona. Todo foi subsanado e agora mandamos de novo a documentación á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e agardo que agora sí que vaia para adiante e poidamos deixar esto consolidado o antes posible”.
O Concello de Burela tramita consolidar a zona do Perdouro como comercial e industrial
O Concello de Burela tramita consolidar a zona do Perdouro como comercial e industrial
Relacionado
-
A CIG denuncia que no Centro de Saúde de San Cibrao e de Cervo quedará unha soa médica a partir do 15 de xullo para todo o concello
-
O PP de Foz acusa a Cajoto de “gobernar con soberbia e illamento, ao máis puro estilo Pedro Sánchez”
-
A Confederación Hidrográfica do Cantábrico traballa na conservación do río Turia, na Pontenova