NOTA DE PRENSA
Atribúe a confusión xerada nos veciños e traballadores do Hospital a un gravísimo episodio de manipulación e distorsión da realidade, protagonizado polo BNG e as súas organizacións satélites que pretenderon perpetrar un engano masivo superando amplamente os límites admisibles na crítica política
O PPdeG ASEGURA QUE A ÁREA SANITARIA DA MARIÑA LUCENSE NON DESAPARECERÁ E O HOSPITAL DA COSTA MANTERÁ TODAS AS SÚAS ESPECIALIDADES
* Os populares ratifican o seu compromiso co mantemento e incremento dos servizos sanitarios na nosa comarca.
* A Xunta de Galicia nunca se plantexou a supresión da Área Sanitaria da Mariña.
* Os populares lamentan que se queira politizar e facer demagoxia cun tema tan importante como é a saúde provocando unha polémica estéril e ixustificada na sociedade.
A Mariña lucense, 24 de setembro de 2009.- O Partido Popular de Galicia, a través do seu deputado Jose Manuel Balseiro Orol ofreceu na mañá de hoxe unha rolda de prensa na que deu a coñecer que a Xunta de Galicia nunca se plantexou suprimir a Área Sanitaria da Mariña (denominada Cervo-Burela) e negou dun xeito categórico que co novo modelo integrado de xestión das áreas sanitarias se vaia a producir a perda de servizos ou a desaparición dalgunha especialidade médica no Hospital da Costa. “Todo o contrario” –explicou o deputado popular- “a Consellería de Sanidade busca fórmulas para mellorar a asistencia que reciben os veciños desta comarca e para ampliar a carteira de servizos existentes”. Balseiro Orol quixo deixar claro que “non é certo que vaia a ser necesaria a derivación de doentes que hoxe están a ser atendidos en Burela ou nos centros de saúde da comarca ata outros hospitais”
Ante as informacións que se están a difundir e que contribúen a xerar alarma social o Partido Popular quere deixar claro que o modelo que a Consellería de Sanidade ten previsto implantar só busca a mellor xestión sanitaria, permitindo a cordinación entre a atención primaria e a especializada, con integración asistencial entre ambos niveis. “Pero nunca suporá a degradación da categoría que ten recoñecida o Hospital da Costa ou que vaimos a ter que ir a Lugo para recibir a asistencia sanitaria que ata o momento se recibe no centro hospitalario sito en Burela. Todo o contrario pretenden que a xente se desprace o menos posible e que se solucionen máis cousas na sanidade máis próxima, a dos médicos de familia e a do hospital de Burela”
MANIPULACIÓN E DISTORSIÓN DA REALIDADE
O PPdeG entende que esta interesada e parcial polémica vai en contra dos cidadáns da Mariña. Afirma que a Área Sanitaria continuará chamándose igual, xa que a cuestión non é a demarcación xeográfica, senón a imprantación dun modelo de xestión máis áxil, eficiente e operativo en beneficio da poboación da comarca. Atribúe a confusión xerada nos veciños e traballadores do Hospital a un gravísimo episodio de manipulación e distorsión da realidade, protagonizado polo BNG e as súas organizacións satélites que pretenderon perpetrar un engano masivo superando amplamente os límites admisibles na crítica política.
MODELO DE XESTIÓN MODERNO E XENERALIZADO
O novo modelo de xestión integral das áreas sanitarias non supón a desaparición das áreas sanitarias infraprovinciais nin ten repercusións negativas nos servizos ofrecidos polo Hospital da Costa. Este novo modelo é unha ferramenta de xestión moderna, denominada internacionalmente como OIS (Organización Sanitaria Integrada) e que incluso aparece contemplada tanto na LEI 8/2008 de 10 de xullo, aprobada polo bipartito (e polo tanto nada sospeitosa de complicidade co PP) e no propio programa electoral do BNG (páxina 25, das eleccións autonómicas)
“Falamos dun modelo de xestión que estase levando a cabo en varias comunidades autónomas españolas e que está a ser defendida por gobernos de diversa cor política, como é o caso de Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Cataluña, Extremadura, (PSOE) Canarias, Comunidade Valencia, A Rioxa ou Navarra, coñecida polo prestixio do seu sistema sanitario”-explicou Balseiro.
EXEMPLOS
Para exemplificar todo explicado, e dado que se tratan de conceptos abstractos sobre os modelos de xestión, Balseiro Orol puxo unha serie de exemplos: A xestión integrada suporá que as áreas encargadas da compra e da adquisición dos recursos será trasversal e única co fin de conseguir beneficios a través de economías de escala (subministracións, limpeza, que se negociarán a mellor prezo, ao ser máis a cantidade que se demande –toda a provincia-). Os recursos humanos tamén seguirán unha xestión baseada nas necesidades globais da área sanitaria. Facilitando a mobilidade dos profesionais pero “sempre respectando os seus dereitos”, é dicir mobilidade voluntaria e pactada, ainda que posible (Exemplo: praza en centro de saúde “x”, ninguén pode obrigarche a ir a e, se a túa non queres)
¿Desaparece algo co modelo de area de xestión integrada? A resposta é contundente: Non. Seguirán existindo os centros de saúde, os hospitais de primeiro nivel, de segundo e de terceiro nivel, coa diferenza de que todos traballarán na mesma dirección. –concluíu Balseiro.
QUEN SAE REFORZADO
Respecto da cuestión sobre quen serán os beneficiarios deste novo modelo. Os populares aseguran que son os Centros de saúde “porque aumentase a súa capacidade de resolución”; os Hospitais “porque aumenta a complexidade dos procesos que atenden”; os profesionais “porque teñen maiores posibilidades de desenvolvemento profesional, maior motivación, maior satisfacción e, por suposto, os pacientes, “que sempre son o noso primeiro obxectivo porque gozarán dunha resposta asistencial adecuada en tempo e lugar, sen sensación de chanzos, sen ter que volver contar a súa vida a médicos que tratan unha mesma doenza, sen repetición de probas innecesarias, sen peregrinacións por servizos e esperas no medio.
RATIFICAN TODOS OS COMPROMISOS COA MARIÑA
“Cando falamos dun cambio de xestión (a xestión integrada das áreas sanitarias) outros quixeron facernos crer que se trataba da centralización nas prestacións, nos servizos que se lles prestan aos veciños, algo manifestamente falso”-engadiu Balseiro Orol- “Nunca foi esta a intención da Xunta. Simplemente mellorar un sistema absolutamente colpasado que herdamos: con máis dun millar de persoas na lista de espera encuberta, con demoras que se estaban a producir incluso nos centros de saúde e na prescrición de receitas, co incumprimento de todos os acordos acadados cos veciños da Mariña en relación coa mellora do Hospital da Costa”. Neste sentido, os populares reafírmase no compromiso de potenciar e seguir mellorando os servizos existentes no Hospital da Costa en beneficio dos cidadáns da comarca.


















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



