LUGO .- Preto de 350 veciños, entre eles un grupo de Cervo, participan nas sete rutas organizadas esta semana no programa de visitas medioambientais Km0 organizado pola Deputación. Parte de estes veciños visitarán en Viveiro a igrexa de Santa María do Campo e a Porta de Carlos V, pasearán pola praia de Covas e subirán ó Alto de San Roque e en Ribadeo visitarán o Centro de Cultivos Mariños e o Mosteiro das Clarisas e realizarán unha travesía en barco pola ría.
Nota de Prensa
Preto de 350 persoas participan esta semana no programa de visitas Km0
A igrexa románica de Vilar de Donas e o Castelo de Pambre visitaranse por primeira vez dentro desta iniciativa promovida pola Deputación
Preto de 350 veciños de Lugo, Pantón, Láncara, Cervo e Vilalba participan nas 7 rutas organizadas esta semana no programa de visitas medioambientais Km0 organizado pola Deputación. A Mariña, A Ribeira Sacra, A Terra Chá e A Ulloa son os destinos elexidos. Por primeira vez visitarase, no Concello de Palas de Rei, o Castelo de Pambre e a igrexa de Vilar de Donas, un dos exemplos máis coñecidos do románico vencellado ó Camiño de Santiago.
A segunda semana da nova etapa de Km0 inaugurouse este martes con dúas rutas nas que participan un grupo da Asociación local de pensionistas de Pantón e outro da Asociación de veciños de Hombreiro “Río Miño” de Lugo, que foron recibido nos Pazo de San Marcos, pola Deputada de Economía, Regina Polín.
Os primeiros coñecerán a oleiría de Bonxe e continuación trasladaranse á Vilaba, onde visitarán a Torre dos Andrade, o Museo Arqueolóxico e a charca de Alligal. Os segundos viaxarán a Viveiro, despois de percorrer as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño. Na cidade do Landro visitarán a igrexa de Santa María do Campo e a Porta de Carlos V, pasearán pola praia de Covas e subirán ó Alto de San Roque.
O mércores, un dos grupos que participarán en Km0, da Asociación IV Ciclo Universitario do campus de Lugo, viaxará ó Concello de Palas de Rei para coñecer a igrexa románica de Vilar de Donas e o Castelo de Pambre e dar un paseo polos arredores. Tambén visitarán o mosteiro de Ferreira de Pallares, en Guntín.
O outro grupo, da Asociación Lares Unidos de Vilarmosteiro de Láncara, desprazarase a Ribadeo. Visitarán o Centro de Cultivos Mariños e o Mosteiro das Clarisas e realizarán unha travesía en barco pola ría de Ribadeo.
Polo que se refiere ó xoves, Km0 viaxará a Ribeira Sacra. Socios do Clube Deportivo de San Cibrao farán un percorrido a pé ata o Mirador da Pena do Castelo e navegarán en catamarán por Amandi. Por outra banda, membros da Asociación Social e Cultural de Veciños de Lanzós, do Concello de Vilalba, embarcarán en Chancís para coñecer os Canóns do Sil e visitarán os Muíños de Xábrega en Arxemil.
Por último, 24 membros do Consello Administrativo de Musasat (compañía de seguros de responsabilidade civil) visitarán o Mirador de Pena do Castelo, a oleiría de Gundivós e farán unha travesía en catamarán.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



