Nota de Prensa e HORARIO XV CONGRESO PROVINCIAL DE LUGO
O PP avoga por incentivar ós sectores productivos da provincia para lograr remontar a crise económica
* Devolver a confianza ós lucenses é o principal obxectivo que perseguen os populares coa ponencia política que se debatirá no Congreso provincial do sábado e para elo apostan, ademais de pola austeridade e a reducción ou conxelación de impostos, polo aplicación de accións concretas nos diferentes sectores productivos
* O medio rural é un dos eixos onde se pon moito énfase, prestando especial atención ó sector lácteo e á viticultura; o igual que á actividade pesqueira para a que, entre outras cousas, se reivindican axudas directas
* A dotación de máis chan industrial, facilitar ó acceso á vivenda e inculcar a idea de que o turismo pode ser unha ferramenta clave para acadar o reequilibro territorial, son outras das ideas básicas sobre as que debatirán os populares
Lugo, a 29 de outubro de 2009.- A ponencia político económica do Congreso Provincial do Partido Popular de Lugo nace co compromiso real por facer de Lugo unha provincia moderna, onde cada lucense poda ter unha calidade de vida acorde as súas necesidades.
Na ponencia económica que presentará o sábado o coordinador do texto, Jaime Castiñeira, defenderá propostas concretas para dar un pulo aos sectores estratéxicos da provincia. O debate da ponencia “Lugo a nosa prioridade” permitirá o intercambio de opinións dos compromisarios que participen no Congreso. De feito, presentáronse unha veintena de enmendas, a maior parte delas de adición, que serán debatidas durante a celebración do encontro.
Unha das máximas do Partido Popular de Lugo é devolver a confianza aos lucenses e nese senso proporán medidas tan específicas como o deseño dun Plan provincial que frene o gasto innecesario e o descontrol “ao que nos ten acostumados o goberno do PSOE e BNG da Deputación, moi similar ao do anterior bipartito da Xunta”. A conxelación dos soldos dos cargos políticos e a asignación dos grupos; a reducción de partidas de protocolo, publicidade e representación e a mellora e axilización da xestión da obra pública. Este mesmo modelo serviría para os concellos onde son necesarios deseñar programas que busquen o aforro no gasto corrente a favor da mellora da prestación de servizos básicos aos cidadáns. Os populares tamén poñen o acento na necesaria conxelación dos impostos e taxas municipais.
Os populares teñen claras as prioridades da provincia. Afirman que a actitude e a maneira de actuar dos políticos será clave para sair da situación de crise que vive o país. De aí que as propostas que presentan “fuxan da improvisación e do despilfarro ao que nos teñen acostumados no goberno da Deputación así como noutros municipios onde goberna o PSOE”.
O apoio aos emprendedores e o mellor camiño para reactivar a actividade económica e a creación de emprego. O Plan Impulsa Lugo e outras iniciativas que naceron ao seu amparon supuxeron o primeiro compromiso do goberno da Xunta de Feijoo co sector empresarial.
Medio rural: o compromiso cos gandeiros pasa por ampliar a recollida de residuos agro-gandeiros; axudas compensatorias, fomento do consumo de producción de vacún galego, tamén hai que destacar a aprobación dun plan estratexico do sector lácteo para garantir a súa preparación para competir en prezos cando desaparezan as cotas, entre outras cousas, potenciarase a mellora das explotacións, marketing estratéxico para o producto Leite de Galicia e a diversificación da producción.
No sector vitivinícola os populares propoñen impulsar unha nova lei que regule a promoción, comercialización e o consumo responsable de viño para que teña a consideración de alimento segundo a normativa vixente, así como a posta en marcha dun plan de marketing para incentivar os viños da Ribeira Sacra; e no eido forestal os populares defenden a creación dun servizo de sanidade e outro de mellora xenética forestal.
Mar: promover o consumo dos productos que procedan da actividade pesqueira da provincia, loita contra a pesca ilegal, liñas de axudas ao sector pesqueiro, cambio de TACs e cotas europeas que tanto teñen penalizado á flota galega; aposta pola homologación e recoñecemento das titulacións a escala europea; crear autoridade portuaria de Lugo e acadar a apertura ao tráfico de Alcoa.
No ámbito industrial a aposta dos populares pasa por axilizar a dotación de chan para o establecemento de empresas na provincia, mellora das infraestructuras loxísticas e do transporte e un subministro eléctrico de calidade.
Xa no tocante a vivenda e construcción impulsarase un parque de vivendas de promoción pública en aluguer, proxectos específicos para facilitar o acceso a vivenda no rural. O compromiso do PP coas dificultades de moitas familias para ter unha vivenda xa se empeza a plasmar con medidas como a adoptada recentemente de reducción do Imposto de Transmisions Patrimoniais .
As Infraestructuras teñen o seu protagonismo dentro dos obxectivos dos populares lucenses que defenden unha provincia ben comunicada. Nese senso destacan como compromiso do PP con Lugo a creación e mellora de vias que contempla o Plan Move da Xunta.
As novas tecnoloxías e outro dos piares básicos da folla de ruta do PP. É prioritario desenvolver unha infraestructura de telecomunicacións de banda ancha, así como o mantemento de telecentros no rural. Son urxentes os investimentos en equipamentos TIC para poder integrarse na Sociedade de Información e a Innovación para acadar a plena alfabetización dixital de todos os lucenses para garantir mellores oportunidades de negocio, económicas e laborais.
Os populares entenden o tratamento do turismo como instrumento para o reequilibrio territorial. Nese senso anuncian un plan de axuda para adecuación e promoción do turismo e dos recursos turísticos de municipios da costa e do interior de menos de 5.000 habitantes. Tamén apostan por levar adiante plans específicos para potenciar o turismo rural, termal, náutico, cultural, de congresos ou gastronómico … Destácase asimesmo a necesidade de poñer en marcha esta estratexia aproveitando a celebración do Xacobeo.
HORARIO XV CONGRESO PROVINCIAL DE LUGO
10:00 ACREDITACIÓNS
10:15 CONSTITUCIÓN DO XV CONGRESO E PROPOSTA DA MESA.
APROBACIÓN. VOTACIÓN.
10:20 PROPOSTA DE REGULAMENTO DO CONGRESO.
APROBACIÓN. VOTACIÓN.
10:30 PONENCIA “LUGO: A NOSA PRIORIDADE”
RELATORIA: JAIME CASTIÑEIRA BROZ
DEBATE DE EMENDAS E VOTACIÓN.
11:30 INFORME DE XESTIÓN
JOSÉ MANUEL BALSEIRO OROL
VOTACIÓN.
11:45 PRESENTACIÓN CANDIDATURAS
VOTACIÓN E ESCRUTINIO.
12:15 RESULTADO. PROCLAMACIÓN DA CANDIDATURA ELECTA.
12:20 INTERVENCIÓN PRESIDENTES PROVINCIAIS
A CORUÑA: CARLOS NEGREIRA SOUTO
OURENSE: JOSÉ LUIS BALTAR PUMAR
PONTEVEDRA: RAFAEL LOUZÁN ABAL
12:35 INTERVENCIÓN SECRETARIO XERAL DO PP DE GALICIA
ALFONSO RUEDA VALENZUELA
12:45 INTERVENCION PRESIDENTE ELECTO
13:15 INTERVENCIÓN DO PRESIDENTE FUNDADOR DO PP, MANUEL FRAGA
E CLAUSURA POLO PRESIDENTE DO PP DE GALICIA, ALBERTO NÚÑEZ
FEIJOO.

















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



