NOTA DE PRENSA
O BNG DI QUE TRES ANOS DESPOIS DE ASINARSE O CONVENIO BARREIROS SEGUE SEN NOVA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA. OS NACIONALISTAS CONSIDERAN QUE POUCO SE PODE ESPERAR DUN GOBERNO QUE ACCEDEU AO PODER DESPOIS DUNHA CAMPAÑA DE MENTIRAS E DIFAMACIÓNS.
Barreiros, 9 de outubro de 2009. Os nacionalistas barreirenses din que tres anos despois de asinarse o convenio Barreiros segue sen nova rede de abastecemento de auga, e que despois de medio ano de goberno do PP na Xunta, o alcalde recoñece que non prosperan as xestións para buscar solucións urbanísticas en Barreiros.
Desde o BNG sinalan que “imos entrar xa prácticamente no ano 2010 e desde xullo de 2006 en que o pleno de Barreiros acordou asinar un convenio cos promotores, que eran 25, para o proxecto de saneamento e de abastecemento de auga ao Concello, seguimos igual ou peor. A falla deses servizos era un dos motivos polos que a concesión de licencias tiña bastantes problemas en Barreiros. Ese proxecto para facer unha nova rede de abastecemento, un novo sistema de captación no Masma e a instalación de varios depósitos ao longo da costa estaba valorado en 3.600.000 euros. A día de hoxe, segundo confirmaba o propio alcalde no último pleno, só hai recadados 1.390.000 euros, o que nos daría para unha suposta primeira fase que, segundo o alcalde, se sacará a concurso antes de finais de ano, pero tendo en conta que hai que ter o 100% do financiamento asegurado”.
O grupo municipal nacionalista lembra que “tamén o famoso plano de infraestructuras que o colectivo de promotores ía presentar a parte da sinatura dese convenio, o alcalde dixo con toda tranquilidade que non hai tal plano. Nós consideramos que todas estas situacións que se están a dar en Barreiros, con 54 contenciosos en marcha recoñecidos polo propio alcalde, son complexas sobre todo cando se prometía desde o PP e desde alcaldía o inminente desbloqueo da situación urbanística de Barreiros. Quen manipula, quen manexa mentiras e falsas informacións agora ten que tragarse o resultado das súas manipuladas mensaxes que simplemente con intención electoral lanzou á sociedade”.
No BNG consideran que “a parálise en Barreiros é total, a Xunta que non move nin un só dedo e o alcalde tampouco porque, en palabras del, non se fixeron prácticamente xestións para proceder a ese desbloqueo urbanístico, que só sabe dunha xuntanza da APEC coa propia Consellería de Ordenación do Territorio e nós entendimos que nestas manifestacións que fixo no pleno está a recoñecer os enganos aos que someteu á xente en campaña electoral. A xente está esperando unha solución e esa solución que parecía tan fácil, segundo Alfonso Fuente e outros do PP, en Barreiros non se ve por ningún lado”.
Zona de grande afluencia turística
Os nacionalistas engaden que “entón hai que sair con algo porque en Barreiros nin centro de día nin nada. Hai que lembrar que tamén no mesmo pleno se rexeitou unha moción presentada polo BNG demandando o cumprimento dunha promesa realizada polo presidente da Xunta, e entón hai que sair cunha oficina de consumo para Barreiros, que a nós parécenos ben e non imos votar en contra si eso vai a pleno. Que sexa declarado Barreiros zona de grande afluencia turística, non nos parece mal e sabe o Sr.Fuente que vai contar co noso apoio no pleno, e penso que probablemente co de todos os grupos. Máis apertura de horarios… eses non son as solucións aos problemas que ten Barreiros. Todo o que prometeu Alfonso Fuente en campaña electoral, todo o que prometeron o PP e o Sr.Balseiro, que era un dos que máis despotricaba a respecto da situación de Barreiros e que esto se arreglaba nun plisplas, son agora os que teñen que dar respostas. Pero que non as dean coma as que dan no tema sanitario porque non convencen a ninguén, nin aos propios militantes do PP que traballan no hospital. Polo tanto tócalle a Alfonso Fuente Parga, tócalle ao PP de Barreiros mover ficha e poñerse a traballar”.

















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



