NOTA DE PRENSA
En relación cunha moción dos socialistas, ámbolos grupos presentaron unha proposta pechada, negándose a ter en conta as achegas que os populares estaban dispostos a facer para apoiar a iniciativa
PSOE E BNG EXCLÚEN AO GRUPO POPULAR DA NEGOCIACIÓN DO ACORDO ACADADO NO PLENO EN RELACIÓN CO SECTOR LÁCTEO
Santiago, 13 de outubro de 2009.- Os partidos da oposición, PSOE e BNG, deron hoxe mostras da súa falta de cortesía e da súa alerxia ao diálogo ao excluír ao Grupo Popular da negociación do acordo acadado no Pleno do Parlamento en relación coa moción dos socialistas sobre as medidas contidas no borrador do Plan Estratéxico para o Sector Lácteo galego, presentado pola Consellería de Medio Rural o pasado mes de xullo.
Na negociación previa á votación da dita moción, ámbolos grupos presentaron unha proposta pechada, negándose a ter en conta as achegas que os populares estaban dispostos a facer para apoiar a iniciativa. O Grupo Popular lamenta que socialistas e nacionalistas intenten silenciar a opinión do partido que ostenta a maior representación dos cidadáns.
No debate da moción, a deputada popular Emma Álvarez Chao salientou que “non imos impoñer desde o Parlamento ningún plan estratéxico ao sector, tal como fixo o Ministerio”, senón que, explicou, “coincidimos coa Consellería na necesidade de consensuar co sector o Plan Estratéxico presentado ao Consello Agrario en xullo”. Así mesmo, Álvarez Chao subliñou que na súa moción, os socialistas instan á Xunta a que “faga algo que xa está a facer”, ademais de solicitar algo “que vostedes saben que é ilegal”, xa que a lei establece un máximo de 7.500 euros para as axudas directas ás explotacións e “vostedes piden dúas axudas directas, unha delas xa por este importe”.
A deputada suxeriulles aos socialistas que “en lugar de pedirlles máis esforzos aos galegos” esixan ao Goberno central “que acheguen axudas aos nosos gandeiros de, polo menos, a mesma cantidade que achegou o Goberno da Xunta” e lembrou, nese sentido, que a ministra de Medio Rural, nun acto celebrado recentemente en Santiago, afirmou que as axudas ao sector lácteo eran “pan para hoxe e fame para mañá” e que non era “cuestión de diñeiro, senón cuestión de concepto”.
Emma Álvarez remarcou que tales afirmacións da ministra, “unido ao flamante presuposto que dí manexar” evidencian que o Goberno de Zapatero “non quere investir no sector lácteo”. “Non imos recibir axudas directas do Goberno central para o sector”, engadiu a deputada, quen pregoulle aos socialistas que “non teñan o cinismo de pedir aquí o que non queren darlles en Madrid”.


















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



