O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o responsable provincial de Costas, José Miguel Esteban, visitaron as obras da fachada litoral que este organismo esta a desenvolver na vila de San Ciprián. Os traballos de mellora na fachada sur do litoral consisten na reposición de 340 metros de varanda do parque Reina Sofía e 160 metros na zona da Ría, ata a ponte de Feve. Tamén se mellorará a accesibilidade en varios puntos e reordenarase o fondo da ría mediante a pavimentación en granito e adoquín. Esta actuación tamén inclúe a continuación do paseo marítimo ata o final da ría. O orzamento de licitación destes traballos ascendeu a 470.000 euros.
O alcalde de Cervo e o delegado de Portos nas obras de fachada litoral de San Cibrao
O alcalde de Cervo e o delegado de Portos nas obras de fachada litoral de San Cibrao
Relacionado
-
Presentada a XXXIV Semana Náutica, que organiza o Real Club Náutico de Ribadeo
-
O Vicedo revive o seu pasado viquingo esta fin de semana
-
O Forte de San Damián acolleu este venres a presentación do libro “Un camino de cine xacobeo” da escritora, xornalista e académica numeraria da Academia Xacobea, Pilar Falcón