Nota de Prensa
O voceiro de Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, lémbralle aos socialistas que foi a lei do Bipartito a que “concentrou o rexeitamento maioritario”, mentres que a actual nace cun “respaldo unánime”
O PPdeG APLAUDE O PROXECTO DE LEI DE PESCA APROBADA ONTE POLO CONSELLO DA XUNTA PORQUE NACE DO TRABALLO CONXUNTO CO SECTOR
* “Os populares cremos na maioría de idade do sector pesqueiro, e non na necesidade de tutelalo e controlalo, algo que era unha obsesión do Bipartito”, sinala o deputado, quen lembra o intento do PSOE de eliminar a Lei de Confrarías, “descendelas á segunda división normativa e regulalas en exceso eliminando a súa liberdade de organización e funcionamento”.
Santiago, 16 de outubro de 2009.- O Partido Popular de Galicia expresa a súa satisfación polo aprobación, onte polo Consello da Xunta, do proxecto de lei de Pesca de Galicia, un texto que aplaude porque nace do traballo conxunto co sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola.
En relación coas declaracións feitas públicas pola portavoz de Pesca do PSdeG, o voceiro de Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, salienta que o PSOE “vive nun mundo ao revés” e lémbralle aos socialistas que foi a lei do Bipartito a que xeraba confrontación, polémica e malestar no sector que a rexeitaba marioritariamente, mentres que a actual nace cun “respaldo unánime”. Neste senso o vociero do Mar dos populares resalta que a nova lei é apoiada polo Consello Galego de Pesca, máximo órgano asesor da Consellería do Mar, no que están representados todos os axentes, e por subsectores como o dos bateeiros, “cos que o anterior Goberno mantiña un conflicto permanente”. Balseiro resume o contraste entre ambos textos lexislativos sinalando que “a lei do Bipartito non a apoiaba ninguén salvo os políticos socialistas e nacionalistas e o proxecto actual conta co respaldo de todo o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola”.
“Os populares cremos na maioría de idade do sector pesqueiro, e non na necesidade de tutelalo e controlalo, algo que era unha obsesión do Bipartito”, sinala o deputado, quen lembra o intento do PSOE de eliminar a Lei de Confrarías, “descendelas á segunda división normativa e regulalas en exceso eliminando a súa liberdade de organización e funcionamento”.
PERMEX
Entre os avances do novo proxecto de lei, o portavoz popular de Mar salienta que a recuperación do permex mediante a fórmula xurídica incluída no proxecto de lei “é un avance normativo chamado a procurar grandes beneficios ao sector pesqueiro, sobre todo eliminar trabas burocráticas”, xa que o permex se establece pola vida útil da embarcación. O Goberno do PP, engade, “ofrece seguridade xurídica, mentres que socialistas e nacionalistas propoñían un salto ao baleiro eliminando este permiso de explotación pesqueira e marisqueira”.
Finalmente, José Manuel Balseiro subliña o compromiso firme e irrenunciable adquirido pola Consellería do Mar de continuar co plan de loita contra o furtivismo, un instrumento “ao servizo do sector e da explotación ordeada e sostible dos recursos”. O deputado resalta que “hai que protexer ao sector que actúa baixo o amparo da legalidade fronte á acción dos furtivos”, algo que, malia poder xerar en ocasións certos conflitos, “debe ser unha aposta clara e decidida”. Ademais insiste en que os episodios de conflito xurdidos pola acción dos Gardacotas nada teñen que ver coa aprobación da nova lei, que está ainda en trámite parlamentario. “O PSOE debe aclarar se está do lado dos furtivos, que imperou ás súas anchas na súa etapa de Goberno, ou do lado do aproveitamento sostible dos recursos e de aqueles que traballan conforme á legalidade, que son maioría”

















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



