BURELA .- O xogador do Club de Baloncesto Burela, Álvaro Ferreira, foi convocado para a concentración das preseleccións galegas de minibasket. As preseleccións galegas feminina e masculina, dirixidas por Mariña Penedo e Óscar Carbajo, respectivamente, reuniranse este domingo, 4 de outubro, en Santiago de Compostela.
Convocatoria
Concentración das Preseleccións Galegas en categoría minibasket 01/10/2009
As preseleccións galegas de categoría minibasket feminina e masculina, dirixidas por Mariña Penedo e Óscar Carbajo, respectivamente, reuniranse este domingo, 4 de outubro, en Santiago de Compostela.
No pavillón do colexio Compañía de María, a partir das 10.45 h, ambas preseleccións realizarán diferentes sesións de adestramento na que será a súa primeira concentración da temporada tras as xornadas de convivencia realizadas no mes de xullo.
Xogadores e clubs
Nos documentos que se achegan podes consultar os nomes e clubs de referencia dos xogadores e xogadoras convocados con estas dúas preseleccións.
PRESELECCIÓN GALEGA MINIBASKET MASCULINA
Santiago de Compostela – Compañía de María
| 04/10/09 NOME E APELIDOS | CLUB |
| Álvaro Ferreira Martín | C.B. Burela |
| Pablo Ferreiro Costas | C.B. Cidade Lugo |
| Álvaro Couselo Cortegoso | Estudiantes de Lugo |
| Brais Sanmartín Rodríguez | Porriño Baloncesto Base |
| Borja Astray Rodríguez | C.B. Seis do Nadal |
| Adrián Costas Bastos | C.B. Seis do Nadal |
| Pablo Moreira Martínez | A.D. Xiria |
| Jorge Parada Chacón | C.B. Santa María del Mar |
| Óscar Pérez Villamarín | C.B. Santa María del Mar |
| Javier Sanjuán Baltar | Basquet Coruña |
| Eduardo Lada Provecho | C.B. Cluny |
| Álvaro Gómez Pérez | C.B. Salesianos Ourense |
| Diego de Dios de Santiago | C.B. Maristas Ourense |
| Juan Castro Lombos | C.B. Pontevedra |
| Miguel Picallo Fernández | Ferrol C.B. |
| Pablo Rodríguez Duque | Ferrol C.B. |





















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



