Nota de Prensa
A Xunta reduce a inversión para esta obra neste ano en 13,1 millóns de euros.
A COTOP fixa o 2017 como data para remate dos prazos lucenses do Corredor Barreiros- Ferrol.
O Bloque Nacionalista Galego considera unha absoluta tomadura de pelo o anuncio que fixo o pasado Venres 30 de outubro na cidade de Lugo, o Conselleiro de Obras Públicas e Medio Ambiente, Agustín Hernández, que no marco da presentación pública das actuación do seu departamento na provincia, afirmou que a data de remate da totalidade dos tramos lucenses do Corredor Barreiros – San Cibrao situábase no 2017.
Na súa comparecencia pública, Hernández, anunciou que se ben o tramo San Cibrao-Celeiro estaría rematado no horizonte de 2013, tanto a variante de Viveiro como o tramo Viveiro – O Barqueiro non estaría rematado ate 2017. Neste sentido debemos ter en conta que en 2001 o Conselleiro Cuíña e o Ministro Cascos comprometeron o remate da VAC Barreiros – Ferrol no 2007, procedéndose a fixar en 2008 por parte do Goberno Bipartito o 2013 como data do remate da obra.
A este respecto e segundo as propias consideracións que se fan por parte da Consellaría hai que ter en conta que a Xunta de Galiza non ten previsto licitar nin un só tramo máis do Corredor na provincia de Lugo que o licitado polo bipartito a principios de 2009 e deixa sen solución ate 2017 a obra que soporta máis densidade de tráfico como é a variante de Viveiro.
Na mesma liña queremos denunciar o importante recorte Orzamentaria que leva adiante o Goberno do PP para esta actuación posto que se nos Orzamentos de 2009 recollíase para os tramos lucenses do corredor un investimento 17,6 millóns de euros para o 2010, nos Orzamentos de 2010 redúcese a inversión para o exercicio 2010 a só 4,5 millóns de euros o que significa unha baixa en números redondos de 13,1 millóns de euros e un descenso en termos porcentuais de máis do 75%.
Non deixa de ser curioso que de todas as obras presentadas polo Conselleiro de Obras Públicas e Medio Ambiente, Agustín Hernández, o pasado Venres 30 de outubro na cidade de Lugo a obra para que se determina un remate máis tardío no tempo sexa esta do que estamos a falar. Isto ten haber co papel marxinal que se lle asina ao norte galego na planificación de infraestructuras o que provoca un aumento do papel residual da comarca e do seu atraso comparativo con outros territorios galegos. “Nos non imos dar por boa a planificación da Xunta de Galiza, que coloca A Mariña a cola da provincia”, afirmou Veiga quen denunciou a dobre linguaxe do PP “na oposición manifestábanse no Vicedo fronte a uns orzamentos con máis dotación para esta obra e hoxe calan cunha contas que reducen o investimento nun 75%”. “Sería bo saber se o PP da Mariña vai dar por bos estes orzamentos e o prazo do 2017 como data para o remate da obra?”,rematou Veiga
O Responsábel Comarcal do BNG denunciou tamén que a paralización do corredor co alongamento no remate da obra ate 2017 non só significa un problema na vertebración territorial do norte galego senón que sitúa á Mariña nunha situación de desventaxa a hora de enfrontar a crise económica.”O investimento público ten que xogar un papel central na dinamización económica, particularmente nos momentos de crise, incentivando a actividade e inxectando financiación a fin de tirar da economía e da creación de emprego. As contas do PP para 2010 evidencian que o Goberno Feijoó non só está incapacitado para sacar a Galiza da crise senón que o combate da mesma non é unha prioridade”.
Os nacionalistas consideramos insultante para os veciños da Comarca que sexa esta a obra recollida nos orzamentos de 2009 que máis recortes sufre nos Orzamentos de 2010 o que pon en evidencia que o norte galego non é unha prioridade para o PP e tamén a falta de peso do PP de Lugo a nivel galego. Tanto é así que mentres que na zona lucense a rebaixa do investimento respecto ao recollido en 2009 é de 13,1 millóns de euros, na provincia da Coruña a rebaixa é de 2.871.079 Euros ficando situada a mesma para este ano 9.827.950 de Euros.

















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



