BURELA (FNC) .- Proxeccións cinematográficas, soltas de globos, actividades nos centros de ensino e a terceira edición do concurso de microrelatos son as actividades organizadas polo Concello de Burela para celebrar o día internacional contra a violencia de xénero. A programación que se desenvolverá durante os meses de novembro e decembro foi presentada este mediodía pola edil de Igualdade.
Neves Cando sinalou que “un ano máis Burela quere levantar a súa voz pola xustiza de xénero, porque a violencia contra as mulleres non é unha cuestión privada senón que é un problema de todas e de todos. É unha conduta aprendida que se pode modificar e por iso queremos incidir nos nosos nenos e nenas, nos nosos mozos e mozas para que a educación na igualdade e na resolución pacífica dos conflitos sexan pasos básicos para previr a violencia contra as mulleres”
A concelleira nacionalista dixo que “desde a Delegación de Igualdade queremos facer que se visualice o compromiso de todas e todos diante desta lacra social que supón a violencia machista, e para isto organizamos unha serie de actividades e actos para desenvolver ao longo deste mes de novembro e tamén en decembro. Comezamos coa convocatoria da terceira edición do concurso de microrelatos co tema da violencia contra as mulleres como eixo central. Esta proposta literaria fáise ao alumnado dos nosos institutos e ao público en xeral para que antes do día 20 de novembro entreguen os seus traballos aquí na Biblioteca Pública ou na Casa da Xuventude. Agardamos que se manteña ou que se supere a participación das dúas edicións anteriores nas que contamos con máis de 20 relatos enviados. Unha vez que se reúna o xurado procederáse á entrega dos premios coincidindo, ese mesmo día, coa presentación e entrega dos folletos cos relatos gañadores da edición do ano pasado”.
Cando anunciou que “durante este mes de novembro e parte de decembro queremos achegarnos tamén aos centros de ensino para traballar cos nosos rapaces e rapazas, a igualdade, a tolerancia ou a coeducación como pilares básicos para facer do noso futuro e do seu futuro un mundo máis xusto para as mulleres. Nos institutos traballaremos con niveis educativos concretos e nos colexios de primaria queremos que todos os cursos teñan participación nesta actividade, que agardamos esperte nos nosos rapaces e rapazas un momento de reflexión”.
Libro de sinaturas
O propio 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, “temos proxectado acudir aos dous colexios de primaria do noso concello para ás 12 do mediodía facer co alumnado destes centros unha solta simbólica de globos polas mulleres víctimas da violencia de xénero deste 2009. Esta solta repetirase á unha do mediodía na praza do Concello para todo o pobo de Burela, polo que aproveitamos para convidar a todos a asistir a este acto que tamén incluirá unha sinatura pública e colectiva no libro de firmas contra a violencia de xénero que durante este mes de novembro está no noso Concello. Este libro é unha iniciativa do Concello de Betanzos que comezou a súa andaina na Mariña, primeiro en Ribadeo e despois en Barreiros e en Foz. Agora tócalle a quenda ao pobo de Burela para manifestar coa súa sinatura a repulsa contra esta violencia machista. Xa son máis de 200 persoas as que pasaron polo Concello para asinar e agardamos que o día 25 nese acto na praza do Concello todo o pobo de Burela se sume tamén”, seguiu a contar a responsable de Igualdade no Concello de Burela.
Neves Cando subliñou que “o mércores 25 e o xoves 26 realizaremos dúas proxeccións cinematográficas en colaboración co Observatorio da Mariña pola Igualdade para coñecer tamén o que lle sucede a outras mulleres no mundo. Trátase de dúas películas que denuncian a situación das mulleres nos seus países, outros anos centrámonos na realidade máis occidental e este ano escollemos dous filmes distintos. Mooladé, un alegato a favor dunha sociedade africana máis xusta e con menos violencia contra as mulleres, porque cada minuto catro nenas son vítimas no mundo da mutilación total ou parcial dos seus xenitais. E a segunda película é Grbanica, el secreto de Esme, que fai referencia aos miles de mulleres musulmáns que foron torturadas e violadas durante a limpeza étnica orquestrada polo serbio Milosevic, e esta é a historia dunha destas mulleres”.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



