XOVE .- Nunha tarde de invernía , con fortes choivas e vento; dado que a boleira do Cruceiro é a máis dura e difícil de todas, a climatoloxía inda complicou máis as cousas, de aí os baixos tanteos, con moitas cucadas. Hai 35 inscritos: 22 na Liga Senior, 5 na Sub 18 e 8 na Liga Feminina. Excelente participación, sobre todo tendo en conta o tempo que houbo
Liga Senior.- A semana pasada incluíamos a César Cancelos dentro dos favoritos, e a súa actuación-victoria na tirada celebrada no Cruceiro confírmanos esa candidatura ao trunfo final; está claro, polo momento César Cancelos está sendo a agradable revelación do campionato neste inicio de temporada. Consolida a súa segunda posición con 43 puntos, restándolle 4 puntos ao líder Ginés Rodríguez, que con 53 puntos encabeza unha semana máis, e restándolle outros 5 puntos ao terceiro, que non é outro que José Rafael González con 33. En cuarta posición Moisés Rodríguez con 31 puntos, que tamén está a realizar unha excelente campaña, mellorando con moito os seus resultados dos últimos anos. José Manuel Cociña e Jaime Álvarez, ambos con 22 puntos, comparten a quinta posición.
Liga Sub 18.- Despois do fiasco da semana pasada, Jose Vigo volveu a realizar unha estupenda tirada, con pleno de puntos, victoria e bolada, o que lle permite seguir comodamente en cabeza con 26 puntos, 11 máis que os seus inmediatos perseguidores, Óscar Meitín e Andrés Rodríguez que levan 15 puntos cada un. A segunda posición acadada por Andrés permítelle empatar con Óscar nesa segunda posición. Nin Alex ninCristian puntuaron, polo que se quedan con 13 e 12 puntos respectivamente. Como conclusión, decir que polo momento temos un líder sólido e moi motivado, seguido por un grupo de catro xogadores nun auténtico pano.
Liga Feminina.- A líder ata esta semana Marta Álvarez non puido participar na tirada, e a segunda na clasificación (Salomé Bermúdez) leva dúas semanas sen puntuar, razón pola cal se produce un volco na clasificación provisional, pasando Carmen Roca a ocupar o liderato (con 17 puntos) despois da súa victoria no Cruceiro, seguida de Dolores Baño que ten 16. Terceira sigue Marta Álvarez con 14 e cuarta Salomé Bermúdez con 12. Continuamos polo tanto cunha gran igualdade nesta categoría, na que, por certo, xa lograron puntuar 11 mulleres distintas.
A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE O A VARA-XUANCES O VINDEIRO SÁBADO, 14 DE NOVEMBRO DE 2009.
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DO CRUCEIRO (7 NOVEMBRO 2009) ==== 35 INSCRITOS: 22 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 149 | 12 |
| SEGUNDO | JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 144 | 10 |
| TERCEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 137 | 8 |
| CUARTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 122 | 7 |
| QUINTO | ADRIÁN COUSO GAVÍN | 122 | 6 |
| SEXTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 121 | 5 |
| SÉTIMO | JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ | 116 | 4 |
| OITAVO | JORDI MEITÍN SERANTES | 108 | 3 |
| NOVENO | FELIPE MANUEL RIVEIRO CARBALLO | 102 | 2 |
| DÉCIMO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 93 | 1 |
| MELLOR BOLADA | JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 74 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | JOSE VIGO LAGE | 85 | 6 |
| SEGUNDO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 83 | 4 |
| TERCEIRO | ALEX MEITÍN SERANTES | 41 | 3 |
| CUARTO | ÓSCAR PÉREZ MEITÍN | 24 | 2 |
| QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 21 | 1 |
| MELLOR BOLADA | JOSE VIGO LAGE | 40 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 61 | 6 |
| SEGUNDO | DOLORES BAÑO FRAGA | 43 | 4 |
| TERCEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 36 | 3 |
| CUARTO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA | 33 | 2 |
| QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 21 | 1 |






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



