RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, dixo esta mañá que “estamos contentos por esta convocatoria que saiu o venres sobre as Axendas 21. Saiu o concurso para implantar estas axendas locais dentro dos núcleos de sostibilidade, entre os que se atopa o noso Concello”.
Cupeiro explica que “en Ribadeo como xa disponíamos dun traballo avanzado na implantación da Axenda 21 Local, o que imos procurar é revisar, adaptar e mellorar así como activar a propia axenda, polo que de novo teremos que activar tamén a participación cidadá”.
O edil nacionalista engade que “para a súa creación a axenda pide facer un diagnóstico, un análise, un plan de acción e un órgano consultivo. Este diagnóstico é para coñecer como está o concello desde o punto de vista da sostibilidade, osea dentro do que son os temas económicos, medio ambientais e sociais. A continuación faráse un análise das necesidades do concello poñendo como base a participación cidadá. O plan de acción será onde os cidadáns terán un lugar privilexiado á hora de tomar as decisións e as medidas axeitadas, e o órgano consultivo de participación será a nivel sectorial onde as asociacións, empresas, sanitarios, educativos… tomarán tamén decisións para seguir avanzando”.
Horacio Cupeiro suliñou tamén que “estamos implantado con outros concellos unha experiencia piloto chamada EFR, Empresa Familiarmente Responsable, coa Fundación Máis Familia. Este referencial o que pretenden é combinar a vida familiar e laboral dos traballadores tanto do Concello como da sociedade en xeral. Esta experiencia realízase de xeito gratuito xunto a outros concellos como Pozuelo de Alarcón, Salamanca ou Valencia, entre outros, e ainda se seguen apuntando máis nestas datas”.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



