XOVE .- Útima actividade do Proxecto Encontros do ano 2009. Na mesma van a participar, como ponentes, 7 alumnos/as da Escola de Maiores que van aportar as súas experencias a alumnos e alumnas de primeiro e segundo de ESO, quens van poder manter un contacto con persoas experimentadas nas distintas tarefas do fogar.
NOTA DE PRENSA
REMATAN AS ACTIVIDADES DO PROXECTO ENCONTROS EN XOVE
Este proxecto ten un doble obxectivo, crear espazos nos que os rapaces e rapazas coñezan de primeira man os traballos e oficios do noso concello, dende empresas a traballos relacionados co agro, o mar e a casa, explicados polos propios veciños, e fomentar a igualdade de xénero.
HOXE, mércores 4 de novembro, de 16:30 a 18:30 horas da tarde, terá lugar naAula da OMIX a derradeira actividade do Proxecto Encontros do ano 2009. Esta actividade ten por nome “AS TAREFAS DO FOGAR” e como obxectivos ensinar aos rapaces e rapazas as diferentes tarefas domésticas (planchar, coser, cambiar cueiros, facer un biberón, etc). Na mesma van a participar, como ponentes, 7 alumnos/as da Escola de Maiores que van aportar as súas experencias a alumnos/as de 1º e 2º de ESO, quens van poder manter un contacto con persoas experimentadas nas distintas tarefas do fogar. Os rapaces/as da ESO van a realizar prácticas nestas tarefas, dado que vai haber 8 rincóns diferentes, en cada un deles vaise realizar unha actividade concreta: cambiar cueiros a bebés, facer biberóns, facer nús de garabatas, parchear e cambiar cámaras de bicis, planchar, coser, facer una cama e cravar puntas e preparar unha lampa.
Este Programa está organizado pola Unidade de Educación Familiar e o Departamento Municipal de Igualdade do Concello de Xove e subvencionado, en parte, pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



