FOZ / XOVE (MFO) .- Os dous representantes mariñáns da liga Primeira Nacional seguen coa súa mala racha e non puideron gañar esta fin de semana nas súas respectivas saídas a Noia e Sarria.
O C. B. Celtas-Primera Calidad viaxou a Noia con só seis xogadores, onde se enfrontou ao segundo clasificado ao que lle plantou cara, aínda que finalmente perdeu por 65 puntos a 57.
Por la súa banda o club de baloncesto Xove caeu ante o C. B. Sarria, co cal empataba a tres vitorias, e perdeu un boa oportunidade de quedarse na zoa media da clasificación .
O que parecía un partido igualado non o foi, debido en parte as baixas do Xove, e os de Sarria gañaron con un cómodo 75 a 51.
A próxima xornada o Foz recibe a visita do C. B. Sarria e Xove a do santiagués Peleteiro.




















O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros. Ademais, a área de Rural dá apoio organizativo e loxístico á Gran Feira Tradicional de Gando e achega á Mondoñedo a exposición fotográfica "Gardiáns" de Jorge Arévalo, que mostra o traballo en ganderías de razas autóctonas e a pegada dos animais na cultura galega desde o punto de vista documental e creativo. A exposición poderá verse no Pazo de San Tomé ata o 15 de novembro.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.



