RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, considera que o estado de moitos edificios abandonados do casco vello mellorou, pero recoñece que as medidas postas en marcha desde o Concello non chegan. Ademáis anuncia que se vai intensificar a vixianza para que os propietarios se involucren no coidado destes inmobles que moitas veces poden supoñer un risco para os viandantes.
Suárez Barcia sinala que “levamos máis dun ano actuando e iniciando unha serie de expedentes sobre diferentes inmobles do casco vello que estaban nunha situación lamentable. Todos eles a proposta dos servizos técnicos do Concello, nalgún fixemos algunha intervención subsidiaria e noutros impuxemos algunha sanción, sempre a criterio dos técnicos municipais”.
O rexedor asegura que esto xa empezou a dar os seus froitos, “hai edificios, como a aduana vella, que están en trámite de serlles outorgada a licenza de obra para proceder á súa reparación, e hai outros que están na redacción dos proxectos e todo promete que se van ver restaurados dentro de pouco tempo. Abrimos aproximadamente unha veintena de expedentes para todo o casco vello, a toda esta xente se lle ofreceu colaboración municipal, tramitación de axudas económicas importantes, incluso moitos deles poden beneficiarse de que a redacción dos seus proxectos poida vir dada polo propio Concello, pero todo esto sendo bó é evidente, a xulgar polos últimos acontecementos, que non chega”. Fernando Suárez manifesta que “neste último caso, o da pasada fin de semana, os propietarios dese edificio do que caeu unha parte xa estaban advertidos desde hai meses do perigo polo propio Concello”.
Dereitos e obrigas
O alcalde anuncia que “agora imos intensificar a vixianza de todos estes expedentes, imos ir polo muido e imos facer que os propietarios se involucren polas boas ou polas malas, porque despois si pasa algo a cidadanía vaille esixir responsabilidade ao Concello. Nós non podemos nin debemos mirar para outro lado, temos que dialogar con todo o mundo, pero con quen non quere dialogar, con quen nos devolve as notificacións, con quen se nos escuda dicindo que hai máis propietarios ou que non se levan ben entre eles ou que queren facelo pero que non poden, pois miren o que teña propiedades ten dereitos pero tamén ten obriga. E senón están en condicións de darlle unha seguridade, un ornato ou unha salubridade públicas o que deben facer é vender ese inmoble ou cedelo a unha administración pública ou ao Concello que seguramente poidamos facer algo con todos eles”.
Fernando Suárez suliña que “todos estes expedentes van chegar a unha conclusión vía multa coercitiva ou execución subsidiaria si a seguridade pública así o require”.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



