LUGO .- Veciños de Cervo e alumnos do CEIP de San Cosme de Barreiros participaron no programa km0 de Deputación. O programa dos veciños de Cervo incluía visitar o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación, redescubrir a Ribeira Sacra, percorrer en catamarán os canóns do Sil e completar a viaxe cunha ruta de sendeirismo polos muíños de Xábrega e tamén participar nunha degustación na adega Noguedo.
O itinerario elixido polos alumnos do CEIP de San Cosme de Barreiros incluía unha visita á oleiría de Bonxe, unha ruta de sendeirismo por Pena do Castelo e unha viaxe en catamarán por Amandi.
Veciños de Cervo e alumnos de San Cosme de Barreiros participaron no programa km0 da Deputación

Veciños de Cervo e alumnos de San Cosme de Barreiros participaron no programa km0 da Deputación
Relacionado
-
A Xunta colabora coa XXVIII Concentración de motos que se celebrará no Valadouro entre os días 1 e 4 de maio
-
Ante o apagón eléctrico xeneralizado o Concello de Cervo vén de activar o Plan de Emerxencias Municipal
-
Remataron en Ribadeo os traballos realizados na zona de Recarei e nas rúas do Cemiterio e Irmáns Moreno Ulloa