Nota de Prensa
A emenda tamén incluía a solicitude de prestar apoio técnico as iniciativas existentes de unidades de xestión forestal (UXFOR) de cara a posibilitar a súa constitución e priorizar as axudas existentes en prevención de incendios e xestión forestal das que poidan beneficiarse agrupacións , sociedades forestais ou de xestión forestal debidamente constituídas
O BNG REXEITA UNHA EMENDA DO PPDEG PARA CREAR NO PRIMEIRO CUATRIMESTRE DO 2010 UNHA FIGURA AGRUPATIVA DAS EXPLOTACIÓNS FORESTAIS QUE AS FAGAN ECONOMICAMENTE VIABLES E SOSTIBLES AMBIENTAL E SOCIALMENTE
* A deputada popular Emma Álvarez criticou que a oposición trate de confundir a preto de 3000 persoas que hoxe teñen os trámites iniciados para a constitución das UXFOR, que foron vítimas da política acelerada do bipartito “que incumpriu o seu propio decreto” e as solicitudes admitidas non cumpren os requisitos que están no Decreto constitutivo
Santiago 21 de decembro de 2009.-O BNG rexeitou hoxe no transcurso do pleno no Parlamento unha emenda do PPdeG na que instaba á Xunta de Galicia a crear, no primeiro cuatrimestre do 2010, unha figura agrupativa de propietarios forestais co fin de constituír explotacións forestais economicamente viables e sostibles ambiental e socialmente. A deputada popular Emma Álvarez Chao foi a encargada de defender a emenda na que tamén se solicitaba que nas iniciativas existentes de cara a constitución de unidades de xestión forestal (UXFOR) se prestara apoio técnico para posibilitar a súa constitución, a través do fomento da elaboración dos documentos recollidos na súa normativa reguladora, e a aprobación polo procedemento recollido na mesma.
Emma Álvarez Chao criticou que a oposición trate de confundir as preto de 3000 persoas, propietarios das 4394 hectáreas repartidas en 13.000 parcelas,que a día de hoxe teñen os trámites iniciados para a constitución das UXFOR, que foron vítimas da política acelerada do bipartito. A deputada popular indicou que a Xunta bipartita “incumpriu o seu propio decreto” e dos 48 expedientes iniciados ningún deles está constituído porque mesmo as solicitudes admitidas non cumpren os requisitos que están no Decreto constitutivo.
A deputada popular indicou que a petición de crear unha figura agrupativa de propietarios forestais “poden coexistir cas UXFOR que a día de hoxe teñen trámites iniciados e verán a cal modelo se adecúan mellor por elo na emenda se solicita que o Goberno galego preste apoio técnico as iniciativas xa existentes”. Así mesmo na iniciativa se demanda á Xunta de Galicia a divulgación e fomento a creación, có apoio técnico oportuno, das agrupación entre os propietarios particulares ou comunidades de propietarios forestais. Tamén se solicita priorizar as ordenes de acuddas existentes en materia de prevención de incendios e a xestión forestal da que poidan beneficiarse agrupacións ou sociedades forestais así como as UXFOR debidamente constituídas. No último punto o PPdeG pide priorizar os recursos públicos cara a constitución daquelas agrupacións, sociedades ou UXFOR de máis superficie de terreo forestal.
Na petición do PPdeG de crear a figura agrupativa de propietarios forestais
así mesmo incluía a solicitude de prestar apoio técnico as iniciativas existentes de unidades de xestión forestal (UXFOR) de cara a posibilitar a súa constitución e priorizar as axudas existentes en prevención


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



