LUGO .- A Consellería de Medio Rural ven de adxudicar traballos de repoboación e de aplicación de tratamentos silvícolas a desenvolver en distintos montes da provincia, actuando sobre un total de 1.350 hectáreas dedicadas á produción de madeira.
Estas actuacións agrúpanse en trece contratos que supoñen un investimento de 2.065.242 euros, son de carácter bianual e teñen por obxecto potenciar a actividade forestal como alternativa económica puxante para o progreso da provincia.
Neste sentido, a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, subliñou que “o fin último do programa de ordenación de explotacións forestais é crear riqueza, non só porque incrementan a calidade e o valor da madeira que se produce, senón tamén porque activan o mantemento de preto de 200 postos de traballo a través de distintas empresas vencelladas a Lugo e, deste xeito, contribúen a fixar poboación no medio rural”.
A delegada destacou tamén “o valor medioambiental do programa, xa que en varios dos casos se actúa sobre zonas degradadas para convertelas en espazos produtivos, coidados e atractivos, como sempre foron os nosos bosques”.
Algúns destes traballos darán comezo de xeito inmediato, especialmente os de repoboación, que por motivos de crecemento da planta deben realizarse preferentemente no outono ou na primavera. A repoboación realizarase fundamentalmente con piñeiros, aínda que en zonas de val tamén se plantan distintas especies de frondosas, como castiñeiros e carballos.
As tarefas de repoboación afectarán a 370 hectáreas de montes en distintos concellos. En total serán seis programas de repoboación que se desenvolverán do seguinte xeito:
| Ubicación dos montes | Superficie (hectáreas) |
| Concellos de Lugo e Friol | 90,59 |
| Concello de Folgoso do Courel | 28 |
| Concellos de Castro de Rei, Pastoriza e Pol | 52,08 |
| Concellos de Castroverde, O Corgo, Guntín, Monterroso e Portomarín | 77,06 |
| Concellos de Begonte, Guitiriz e Xermade | 49,52 |
| Concellos de Baralla e Navia de Suarna | 72,5 |
Pola súa banda, os tratamentos silvícolas consistirán basicamente en tarefas de poda e desbroce que perseguen, por un lado, a mellora da calidade da madeira e a súa valorización no mercado, e por outro, anular potenciais riscos para a aparición e a extensión dos incendios forestais. Os traballos levaranse a cabo ao longo dos dous vindeiros anos, se ben está previsto que as actuacións estén rematadas a mediados do ano 2010.
Os tratamentos aplicaranse en 980 hectáreas de monte pertencentes a 19 concellos da provincia. En resumo, trátase de sete actuacións diferenciadas:
| Ubicación | Superficie afectada (hectáreas) |
| Concellos de O Incio, Samos e Sarria | 145,7 |
| Concello de Friol | 97,48 |
| Concellos de Baralla, Becerreá e Navia de Suarna | 206,45 |
| Concellos de Castro de Rei, Meira, Pastoriza e Pol | 129,77 |
| Concellos de Guntín e Portomarín | 134,27 |
| Concellos de baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz | 162,54 |
| Concellos de O Corgo, O Páramo e Castroverde | 104,25 |






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



